lifeisstrange-screencap-1

“onde deixei o segundo capítulo”

 

Hoxe topeime cunha desas novas que non che gusta oír. A de que Square Enix, publisher de Life is Strange, emitiu un comunicado anunciando o atraso da saída da segunda parte deste prometedor xogo que xa analizamos en Memoria Pixelada. Eu, coma moitos outros xogadores que quedamos coa mel nos beizos despois de xogar o capítulo 1, devezabamos por xogar de novo e ver que nos traería a seguinte entrega.

Inicialmente prevista para mediados de marzo, queda, cando menos atrasada ata finais de mes, pero sen data concreta, o que podería significar que é un atraso indefinido e que non saben se vai ser nesas datas ou que sinxelamente danlle un empuxón cara adiante coa esperanza de chegar a tempo.

O ciclo de publicación previsto inicialmente era de 6 semanas por capítulo, o que deixaba a mediados de marzo a segunda entrega e a comezos de maio a terceira. Coido que este atraso acumularase nas sucesivas partes xa que, segundo comentan, fáiselles imposíbel manter estes ciclos anunciados.

Unha mágoa para todos, esperamos que isto sexa un problema puntual, que non sexa o comezo de máis malas novas e que todo vaia como está previsto de aquí en diante para a nova xoia de Dontnod Entertainment.

 

Edición (14/03/2015)

Finalmente será o día 24 de Marzo o día elixido para a saída final deste segundo capítulo, o final só tivemos que esperar dez días máis.

Captura

A web de Humble Bundle sorprendeunos esta vez cun novo paquete de xogos no que como é costume xa, poderemos pagar o que queramos e destinalo a organización benéficas, ós desenroladores ou ó equipo de Humble Bundle. Neste caso teremos xogos da distribuidora Square Enix, neste caso principalmente procedentes de Eidos ou como se chama agora Square Enix Europe. Pasemos a facer un repaso dos xogos que poderemos conseguir.

Por calquera prezo obteremos dous xogos da saga Hitman e o Supreme Commander 2

Hitman: Absolution

Pouco que dicir desta saga que tan ben coñecemos, un xogo para os amantes da infiltración es os asasinatos encubertos.

Supreme Commander 2

Se cadra o que menos atraeme de todos os títulos, estratexia en tempo real futurista.

Hitman GO

Troco radical da saga hitman adaptada á plataforma android cun xogo de crebacabezas por turnos.

 

Pagando máis da media, temos, polo momento tres xogos altamente recomendábeis.

Thief

Totalmente recomendado, un xogo con tinguiduras de Assassins Creed e Skyrim, sen chegar á altura de ningún dos dous pero moi válido e cun numero de horas de xogo bastante aceptábel.

Murdered: Soul Suspect

Ácha a verdade sobre os acontecementos que están a ocorrer nunha actual Salem neste detectivesco thriller de misterio sobrenatural. Aínda non tiven ocasión de xogalo e sen dúbida está a pedir a berros que o merque.

Deus Ex: Human Revolution – Director’s Cut

Unha das xoias de Square Enix hai uns anos, un gran xogo e moi bó o detalle de que sea a versión “director’s cut”

E a promesa de que haberá máis proximamente.

 

E se pagamos máis de 15$ teremos:

Tomb Raider

O xogazo con maiusculas deste paquete, a volta de Lara Croft a primeira liña dos AAA. Se non o tedes, mercádeo agora mesmo.

Sleeping Dogs

Un sandbox de acción similar o GTA sobre un axente dobre da policía e as tríadas chinesas. En liñas xerais moi bo xogo, tiven a ocasión de xogalo no PSPlus de hai uns meses e quedei moi satisfeito con él.

 

A falta de que desvélense o resto dos xogos incluídos, é probablemente un dos mellores Humble Bundle que houbo e sen dúbida paga a pena mercalo. O contrapunto de que sexan todos títulos tan soados e que moitos de vos seguramente xa teñades unha presa deles nas vosas xogotecas. En calquera caso case calquera deles vale os 7$ que custa actualmente o prezo medio e pode ser unha boa compra se tedes curiosidade por probar ó resto.

Web de Humble Bundle

Square Enix presentará un novo xogo para PS4

Por: Xoves, 29 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

descarga

Project Code Z, o nome en clave que ten o novo xogo de Square Enix será presentado o vindeiro 31 de Xaneiro.

Square Enix abriu recentemente unha web na cal unha conta atrás indícanos que o vindeiro 31 de Xaneiro terá lugar, durante a realización do Tokaigi 2015, a presentación do seu novo xogo, do que non se coñecen máis datos aparte de que será exclusivo para PS4

Final Fantasy XV presenta un novo trailer

Por: Luns, 22 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

Square Enix presentou na Jump Festa 2015, que estase a desenvolver agora mesmo en Xapón, un novo trailer do seu esperado Final Fantasy XV.

Este trailer, entre outras novidades, permite botarlle unha ollada ó mecánico xefe, que será neste novo xogo, e por primeira vez, unha muller

Novo tráiler de «Thief»

Por: Venres, 21 de Febreiro de 2014, 10:00 COMENTAR

thief
A menos dunha semana do seu lanzamento, Square Enix publicou un novo tráiler de «Thief», creado polo estudo Eidos Montreal

O xogo estará dispoñible para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One dende o vindeiro 28 de febreiro.

Novo tráiler de «Thief»

Por: Luns, 9 de Decembro de 2013, 17:00 COMENTAR

thief
Eidos Montreal publicou este sábado un novo tráiler do seu novo e agardado proxecto: «Thief».

O lanzamento está previsto para o 28 de febreiro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

ffviii
Xa está dispoñible para descarga dixital este videoxogo do ano 1999 a través da plataforma Steam a un prezo de 12,99 €.

Como novidade, o xogo inclúe dúas novas características: o “Magic Booster” que aumentará en 100 a maxia seleccionada e o minixogo “Chocobo World”, concebido orixinalmente para a PSOne PocketStation.

Máis información na ficha en Steam.

ffvii-remake_2

Final Fantasy VII, despois de tantos anos despois do seu lanzamento aínda é nova a día de hoxe.

O rumor sobre a posibilidade dun remake actual camiñou por toda a rede ilusionando a tantos fans, mais foron Motomu Toriyama e Yuji Abe (director e deseñador de Lightning Returns:Final Fantasy XIII) quenes negaron este feito.

Polo que parece afrontar un proxecto destas características suporía un custo moi elevado para realizalo correctamente, xa que un remake deste clásico conlevaría redefinir e cambiar practicamente todo, polo que sería moi parecido a crear un xogo novo.

Remataron por comentar que aínda que existe interés en Square Enix por afrontar este proxecto, de momento a compañía nipona non vai a dar luz verde a esta produción a curto prazo.

bravely-default-flying-fairy
O título creado por Square Enix para a Nintendo 3DS chegará ao mercado europeo o vindeiro 6 de decembro.

Este RPG de estilo xaponés conta cun sistema de combate por turnos tan coñecido nos títulos de Square Enix, como os da saga Final Fantasy, e aproveitará as funcionalidades de realidade aumentada da videoconsola portátil de Nintendo.

O título orixinal chegou ao mercado xaponés en outubro de 2012 baixo o título Bravely Default: Flying Fairy. O vindeiro 9 de decembro chegará ao mercado nipón unha nova versión denominada Bravely Default: For the Sequel, que conta con certas melloras no sistema de combate con respecto á versión orixinal. A versión que chegará ao mercado europeo estará baseado nesta última.

thief
A compañía Square Enix acaba de confirmar a data do 28 de febreiro de 2014 para o lanzamento de «Thief», cuarta entrega da saga creada en 1998.

Aproveitando o anuncio, a compañía tamén publicou un novo tráiler e como serán as diferentes apariencias das caixas en cada plataforma:

O videoxogo estará dispoñible para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

deus-ex-the-fall
Square Enix acaba de lanzar o videoxogo «Deus Ex: The Fall» para dispositivos móbiles e non tardou en aparecer pola rede a tan curiosa coma controvertida medida anti-piratería que incorporaron para os dispositivos con “jailbreak”: os usuarios cando intentan disparar por primeira vez, aparécelles unha mensaxe de advertencia: “Sentímolo, pero non podes disparar en dispositivos con jailbreak”.

Evidentemente esta medida vai contra os usuarios que descarguen o xogo de balde dende páxinas pirata. O problema é que tamén funciona coa xente que o mercou legalmente na AppStore oficial.

A polémica non tardou en chegar á rede en páxinas como Reddit, onde os usuarios mostran o seu enorme descontento, pois, aparte de que o “jailbreak” é totalmente legal, os usuarios poden mercar o xogo por 5,99 €, sen recibir notificación ningunha desta limitación.

Polo de agora, dende a compañía aínda non se pronunciaron ao respecto.

Final Fantasy VII chega a Steam

Por: Xoves, 4 de Xullo de 2013, 16:20 COMENTAR

FF7logo

 O mítico xogo de Squaresoft (hoxe Square-Enix) púxose hoxe á venta en Steam con algúnhas novidades sobre o que puidemos ver no maravilloso orixinal de PlayStation.

 Como non podía ser doutro xeito os logros chegan a esta nova edición do clásico; son 36 logros en total que testemuñan até onde se ten chegado e o que se ten logrado da man de Cloud e compañía. O gardado na nube é tamén unha nova posibilidade desta versión, posibilitándonos o desfrutar dos nosos avances en mais dun PC. O xogo chéganos tamén optimizado para poderse xogar nos novos sistemas operativos sen ningún problema.

 A novidade mais polémica é sen dúbida o “editor” que nos permitirá “trampear” para obter mais gil, HP ou PM con so darlle a un botón, o que pode eliminar parte importante do reto que plantea o xogo e fai que poda superarse sen ningún esforzo.

 O xogo pódese adquirir por 10´99 euros. Estes son os requisitos:

Minimo:

OS:Microsoft Windows XP/Vista/7 (32/64bits)

Processor:2GHZ

Memory:1 GB RAM

Graphics:DirectX 9.0c-compatible graphic card

DirectX®:9.0cHard Drive:3 GB HD space