Hideki-Kamiya

Hideki Kamiya, creador entre outros xogos de Devil May Cry, Viewtiful Joe, Okami ou Bayonetta realizou unhas declaracións na que menciona que estaría interesado en realizar un par de Spin-Offs, un de Bayonetta para Nintendo 3DS e outra de Okami.

Dous xogazos, na que con relación a Bayonetta agardamos a súa continuación con certo temor, polo que as palabras do xenio xaponés agora pertencente á desenvolvedora Platinum Games, soan con máis gratitude.

Se tivese a oportunidade, gustaríame realizar un xogo baseado en Jeanne, de Bayonetta. Algo que non sexa dunha escala tan grande, algo que sexa portábel, que poidas xogar en sesións rápidas donde ela é unha profesora de historia, coas cousas divertidas que poderían saír dunha situación como esta.

Tampouco faltaron as palabras para Okami:

Se puidese saír coa miña, tamén me gustaría sacar un spin-off de Okami, menos centrado na idea grandiosa de salvar o mundo, como o mundo máis pequeno das fadas de Issun.

Deixemos un tempo de reflexión para que as ideas de Kamiya se convertan en proxectos claros, porque todo que toca esta persoa resulta como mínimo interesante.