1001528_574138609296142_1875514491_n

Tralo quinto título, a saga Soul Calibur deu un baixón en calidade que os fans non souberon encaixar de boa fe, sen embargo, a segunda saga insignia de loita de Namco-Bandai non quere deixar o listón polo chan e hoxe anunciouse que uns dos xogos máis importantes e queridos da franquicia retornará a nosas consolas en formato de alta definición e coa novidade de poder loitar online con todo o mundo.

Trátase de Soul Calibur II, un xogo que fixo historia e batiu récords de venda alá polo 2003.

Collendo como base a versión de Playstation 2, o xogo presentará como principais novidades un lavado de cara en HD, logros/trofeos e a opción de botar combates online, elemento inédito no programa orixinal.

Katsuhiro Harada, o principal director e productor de Tekken e Soul Calibur, aproveitou o anuncio para dar a coñecer que este será o seu derradeiro xogo, deixando no debandito lugar ó seu compañeiro Massaki Hosino.