Que xogo podemos estrear coa PS Vita para demostrar ao mundo do que é capaz de mover a nosa máquina? , Si, Uncharted é unha boa opción.
Isto debeu ser o que pensaron os de Sony con moi bo ollo, porque dende logo o resultado supoño que foi o que eles querían dende un momento, manter ao xogador agarrado á PS Vita facéndose a seguinte pregunta unha e outra vez, será posíbel que unha portábel poida mover estes gráficos?

Ler o resto da entrada »

Primeiro contacto coa PS Vita

Por: Mércores, 14 de Marzo de 2012, 12:03 COMENTAR

Despois dunhas semanas da saída da nova portábel de Sony, a PS Vita chega as miñas mans para facer unha valoración xeral sobre o seu funcionamento, os seus recursos e as súas características xerais para que vos fagades unha idea de como é a nova consola de Sony.

Ler o resto da entrada »

A saga de loita máis sanguinaria chega á nova portábel de Sony cun título que promete incrementar as súas novidades.

Estas novidades veñen favorecidas polas propias características da máquina como a pantalla táctil ou a cámara que nos permitirá loitar cos personaxes en escenarios reais.

Ademáis polo que podemos observar no vídeo o apartado técnico está a un nivel moi alto presumindo de pantalla.

Polo de agora todo perfecto, pero moito me temo que teremos que probalo para desenmascar os verdadeiros “peros” do título, pero como dixen, polo de agora todo perfecto.

Descansando,descansando,descansando...

O terror apoderouse de todos aqueles que esperamos este videoxogo cando Fumito Ueda dixo que abandonaba Sony deixando The Last Guardian sen rematar.

Para calmar a marabunta que creou este feito Sony saíu á palestra para dicir que Fumito Ueda non traballaba en Sony pero seguía vinculado á creación do mencionado videoxogo, implicándose no seu desenvolvemento.

Pero este xogo non consegue saír dos rumores sobre un posíbel cancelamento, polo que un dos seus responsábeis dixo isto nunhas declaracións:

O proxecto vai progresando, pero moi lentamente, xa que plasmar a visión de Fumito Ueda nun videoxogo está sendo un verdadeiro reto para os desenvolvedores. Deste xeito tiramos e refacemos cousas, de aquí que nos tomemos tanto tempo, pero segue sendo un proxecto moi importante.

The Last Guardian, un título tan esperado e ao mesmo tempo con tantos rumores de cancelamentos que sufríu ao longo da súa creación, e agora que sabemos?, pois que parece que o proxecto continúe con vida, pero nada de datas de saída polo de momento.

Comparación de pantallas entre 3DS e PSVita

Por: Martes, 27 de Decembro de 2011, 14:38 COMENTAR

Sigo dicindo que as comparacións son odiosas xa que cada consola ten o seu propio encanto, mais a xente segue querendo ver cal das dúas novas portábeis a ten máis grande e nun afán de solucionar isto aquí temos un vídeo no que se compara perfectamente a calidade entre unha consola e outra.

O resultado creo que non debería sorprender a ninguén, porque se á 3DS non se lle da tan mal reproducir vídeos, a PS Vita é bastante máis superior neste aspecto cunha nitidez e color que sobrepasa sen dúbida á portábel de Nintendo.

Nintendo, desfruta este Nadal tranquilamente,porque dentro dun par de meses o teu rival sae á luz.

Vídeos a patadas de videoxogos da PS Vita

Por: Mércores, 14 de Decembro de 2011, 13:27 COMENTAR

Se sodes dos que pensades adquirir a PS Vita aquí tedes un post obrigatorio de ver, e non porque nos amosen unha vez máis as características da mencionada consola, senón porque podemos ver un kilo de tráilers sacados do evento levado a cabo en San Francisco.

Os compañeiros de VG247 fixeron unha recopilación dos mellores vídeos.

A continuación teredes todos estes vídeos, e quero facer mención e resaltar títulos como Escape Plan, Uncharted e Gravity Rush que teñen un plantexamento que dalgunha forma atraen o meu cerebro.

O certo é que tamén debo mencionar que moitos deles non me gustan en absoluto, pero ao mellor coa consola o conto cambia, ou o mellor non…

Ler o resto da entrada »

Podería existir un Smash Bros de Sony?

Por: Luns, 28 de Novembro de 2011, 13:08 COMENTAR

Un rumor interesantísimo aparece na rede da boca dun tal Paul Gale, que cada vez ofrece máis detalles sobre un posíbel proxecto baixo o nome de Title Fight, e que sería a versión de Smash Bros pero cos personaxes de Sony.

Aparentemente (recordemos que estamos ante unha faladuría), o xogo traería personaxes como Kratos, Nathan Drake, coronel Radeck (Killzone), Sly Cooper até o paiaso tolo de Twisted Metal.

Se isto é certo, moito me extrañaría que non saise un título ridículo por tan extravagante clasificación de personaxes. Moito traballo terían que facer os seus creadores, moito traballiño…

Data de lanzamento en Europa de PS Vita

Por: Mércores, 19 de Outubro de 2011, 11:36 COMENTAR

No país nipón xa existiron enormes colas de persoas só para reservar a próxima portábel de SONY, PS Vita, porque o 17 de decembro poderán probar en primeira persoa esta nova máquina.

Nipóns agardando para reservar a PS Vita

Aquí teremos que esperar uns meses máis para que chegue ás tendas Europeas a PS Vita, concretamente até o 22 de febreiro de 2012, e continúa co mesmo prezo, 250€ a edición sen 3G e 300€ con 3G adicional.

Non comprendo ben esta data, xa que se perden a campaña do Nadal, algo que lle viña moi ben para competir coa 3DS, que nesta etapa aterrarán grandes xogos para ela, cousa que sen dúbida aumentará as ventas da portábel de Nintendo.

Veremos se a potencia desta consola é suficiente como para que o seu lanzamento sexa máis afortunado que a 3DS.

Así se fan os bos anuncios

Por: Mércores, 5 de Outubro de 2011, 15:06 COMENTAR

Vaia anuncio que sacaron das mans os de Sony. Non sei ben como comentalo, explicalo ou facerlle unha descrición. É mellor vérdelo por vós mesmos.

Asegúrovos que sorprende. Moitas filmográficas debían tomar nota deste vídeo.

PS Vita vai para comezos de 2012

Por: Xoves, 4 de Agosto de 2011, 14:11 1 COMENTARIO

Tanto ten o que dixese un amigo dun coñecido que sabía dun colega dun tipo que traballa para a Sony. Todo falacias (non confundir con felacións). Acaba de falar Kazuo Hirai, principal responsábel da Sony Computer Entertainment e, segundo as súas palabras, a próxima e nova portábel non chegará até principios de 2012.

Polo de agora os rumores situaban a saída da PS Vita para outubro deste mesmo ano, pero nada. A finais do ano vai chegar, claro que vai chegar, mais a terras niponas. Entrementres os europeos teremos que esperar até principios de 2012 (aínda non hai data concreta).

Tamén mencionou que a enorme baixada de prezo da súa competidora, a Nintendo 3DS, non ha de influir para nada nos seus planoos futuros. A PS Vita sen 3G a 249€ e con 3G, a 299€ continúan a ser prezos competitivos no mercado.

A propósito, a escusa que puxo Kazuo Hirai para este retraso en Europa foi que pretendía sacar a consola nun lanzamento con bo catálogo de videoxogos. E ben seguro que se é certo había de ser un grande paso pola súa parte.

Vamos a contar mentiras tralará, vamos a contar mentiras tralará, vamos a contar chorradas.

1- Na próxima xeración Sony e Microsoft uniranse para crear unha consola única.

2- Microsoft mercou Sony.

3- Sony mercou Microsoft.

4- As dúas compañías fusionáronse para derrotar o Máxico Bu.

Está ben, o titular chama moito a atención, de feito todo o mundo está especulando sobre o que poderá ser. Eu barallo dúas opcións, a primeira que sexa un simple proxecto de márketing e a segunda que se trate sobre algunha unión sobre temas de dispositivos móbiles.

De todos os xeitos ninguén sabe absolutamente nada sobre o tema, polo que teremos que agardar.

Nestes días na que a ausencia de novidades neste mundo de videoxogos é bastante elevada, comezan a circular rumores para dar un pouco de vida ao mundiño este. Que si, que son rumores e non hai que facer moito caso, mais a verdade é que ultimamente acertan bastantes cousas.

Neste caso é MCV o que nos informa de que poderiamos ter unha rebaixa do prezo da PS3 na Gamescom en agosto.

Aínda así parece que o tema non está nada claro, xa que algunhas estimacións de fontes anónimas din que podería custar 229€ mentres que as tendas fixan o prezo en 199€.

E que di a Sony? Pois o típico “sen comentarios” sae da boca dos seus representantes.

Estaremos pendentes na próxima feira de videoxogos (cada vez con máis peso), a Gamescom, que se celebrará do 17 ao 21 de agosto.