PS4
Menos dunha semana despois do anuncio da PlayStation 4, sae a luz a nova patente da compañía nipona Sony dun sistema que detecta se o videoxogo é unha copia legal ou pirata baseándose nos tempos de carga.

sony-antipiracy

Diagrama de fluxo que amosa o funcionamento deste novo sistema


Esta nova medida, rexistrada como Benchmark Measurement for Legitimate Duplication Validation (Medición de referencia para a validación de duplicación lexítima), calcula o tempo que tarda en cargar o videoxogo e compárao cunha base de datos de referencia. Se a carga excede ese tempo de referencia, podería chegar a bloquear ao usuario.

Para evitar posibles falsos positivos, no caso que sexa detectado como posible copia falsa, execútase unha segunda comprobación que verifica a identidade do fabricante do soporte do formato onde está gravado o videoxogo e se se corresponde co orixinal.

Toda a información da patente nesta páxina (en inglés).

The_Last_Guardian

Despois da presentación da Playstation 4 o director de Sony, Shuhei Yoshida estivo a responder as preguntas da prensa, e como era normal, unha delas era sobre un dos xogos máis esperados polos usuarios de Playstation, The Last Guardian.

Os seus desenvolvedores xa fixeron oficial que estaban a ter problemas técnicos na realización do título, polo que non tardaron en correr os rumores sobre a chegada de The Last Guardian á PS4, aínda que os responsábeis sempre mantiveron que sería un título exclusivo de PS3.

Con todo isto no aire, o director de Sony evitou pronunciarse ao respecto:

“Non estou preparado para falar diso. Síntoo. Rompimos moitas promesas e estamos a esperar o momento adecuado para reintroducir The Last Guardian.”

Aquí a PS4

Por: Xoves, 21 de Febreiro de 2013, 19:39 COMENTAR

ps4 jaja

Na Playstation Meeting non amosaron a PS4, mais eu tráiovos a primeira imaxe en primicia

Fonte | Isteezwithease

Resumo sobre a conferencia de Sony

Por: Xoves, 21 de Febreiro de 2013, 3:43 COMENTAR

PlayStation-Meeting-2013-550x300

Acaba de rematar a conferencia de Sony e para que non vos perdades ningún detalle farei un breve resumo sobre o que se anunciou oficialmente.

Como aínda non temos á nosa disposición demasiado material visual, iremos actualizando á medida que cheguen ás nsoas mans. Comecemos.

Ler o resto da entrada »

PlayStation Meeting 2013

Por: Mércores, 20 de Febreiro de 2013, 23:55 COMENTAR

playstation-meeting-2013
Presentará Sony a vindeira PlayStation 4 ou terá outra sorpresa gardada?
Para os que queirades seguir este evento en directo, poderédelo facer nesta ligazón: http://es.playstation.com/meeting2013/.

God of War:Ascension durará máis de 12 horas

Por: Mércores, 13 de Febreiro de 2013, 14:56 COMENTAR

Que os responsábeis de God of War:Ascension non deixen de falar do multixogador desta nova entrega non gustou demasiado aos seguidores e amantes das aventuras individuais, nos cales me atopo, mais Todd Papy, un dos principais responsábeis, dixo unhas palabras ao respecto:

Imaxina facer God of War 3 e engadirlle a experiencia multixogador…
Ademais, os nosos “testers” remataron o xogo nunhas doce horas e sen pararse demasiado.

Este é o xogo máis ambicioso que fixemos.”

Non vou negar que me agradou que Ascension teña esta duración, mais son dos que pensan que ou te centras na campaña individual, ou no multixogador…

Parece que o lanzamento de grandes títulos para a portábel de Sony non acaba de “arrancar”. Entrementres, a Playstation Store serve como substituto desta carencia traéndonos títulos coma Dokuro.

Dokuro é un deses plataformas que entra directamente polos ollos, no cal teremos que rescatar unha princesa ao longo de 147 niveis cheos de trampas que sortear.

O apartado técnico convence, o desenvolvemento parece entretido, os monstros finais deben estar á altura do esperado, así como a dificultade. E a verdade, o tráiler con música clásica gusta.

Mañá poderémolo adquirir na Play Store por 14,99€.

É doado que todos lembredes o popular xogo de espada e maxia de SEGA “Golden Axe”, descaradamente baseado nos personaxes de “Conan o bárbaro”, que revolucionou os arcades alá por 1989 e poida que unha bo morea de vos continue a xogar nel hoxe nas consolas ou emuladores. Non so foi declarado mellor xogo daquel ano pola prensa especializada senón que a afección corroborou tal galardón de xeito case unánime, sendo moi alta a recadación nos salóns recreativos e as ventas das conversións oficiais para os fogares en Mega Drive e Master System.

Dende aquela foron saíndo máis conversións, despois segundas e terceiras partes da saga e “remakes” de afecionados, uns con máis sona que outros. O que aquí vou comentar é un deses “remakes” pero de corte profesional, programado pola propia SEGA para a PlayStation 2 de Sony, que podemos atopar no recompilatorio “SEGA Classics Collection” do ano 2005, que viña tamén con versións melloradas doutros sete xogos de SEGA “de toda a vida”: Columns, OutRun, Virtua Racing, Monaco GP, Fantasy Zone, Space Harrier e Puzzle & Action (Bonanza Bros. / Tant R).

O primeiro que habería que remarcar é que para alguén que nin xogou nin coñece a versión orixinal do Golden Axe, este “remake” pareceralle un xogo aburrido e sobre todo monótono, que asemella non ter fin e por intres cunha dificultade demasiado elevada. É dicir, que para gozar do título cómpre non só coñecer a saga (ou polo menos a primeira parte) senón tamén ser “fan” dela. E aínda así… en fin, vexamos.  Ler o resto da entrada »

Parece que o negocio de Sony por remasterizar xogos antigos aínda lle está saíndo máis que rentábel porque a saga God of War e InFamous únense a esta moda.

Concretamente será o 28 de agosto que chegarán ás tendas estas dúas novas coleccións e cada unha coas súas características.

1- God os War Saga: Traerá todas as entregas anteriores remasterizadas en HD, contido adicional e un mes gratuíto para PSN Plus)

2- InFamous Collection: Componse das dúas entregas de InFamous, o DLC Festival of Blood e contido adicional.

Como vedes a decisión será vosa xa que parece ser que as dúas versións estarán a un prezo de 30€.

Un plaxio de Smash Bros?, si, pero All-Stars Battle Royale está captando gran variedade de loitadores para o seu xogo de loitas.

Os últimos que se uniron á plantilla foron Cole, de InFamous e a parella Jak e Daxter.

Nos seguintes vídeos podemos observar os seus movementos, as súas técnicas…como é lóxico cada un emprega movementos dos seus videoxogos particulares o que fai que exista unha mestura bastante singular.

Persoalmente sigo sen ver moi claro este título, pero ben é certo que cada vez está collendo mellor pinta.

Os 10 mellores xogos da PS3

Por: Xoves, 21 de Xuño de 2012, 14:32 5 COMENTARIOS

Agora tócalle o momento á Playstation 3, polo tanto realizarei o top 10 dos mellores xogos da consola de Sony.

Como fixen anteriormente coa consola de Microsoft, intenterei mencionar aquí os dez mellores títulos do catálogo de PS3. Como sempre xa sabedes, todo opinións persoais, para gustos cores, e bla bla.

O problema recae en que moitos dos videoxogos desta xeración son multiplataforma polo que tamén se poden atopar en varias consolas, de todos os xeitos pretenderei comentar algunas das exclusividades.

Ler o resto da entrada »

Fai uns días saiu a noticia na que uns hackers entraban no sistema de PS Vita a través dun par de xogos.

Os mencionados xogos eran da PSP, Everybody´s Tennis e Motorstorm: Arctic Rift os cales permitían aos hackers entrar en PS Vita co modo PSP e así cargar cargar homebrew na consola.

Como solución Sony decidiu eliminar estos dous xogos do catálogo de PSN e aínda non dixeron se os volverían a colgar unha vez solucionado este exploit.