ps4 dual
Se antonte saía a nova de que Xbox One gravará automáticamente os últimos 5 minutos de xogo, dende Sony non quixeron quedar atrás e apresuráronse a anunciar que a PlayStation 4 gravará automáticamente os últimos 15 minutos de xogo e permitirá aos usuarios compartilo fácilmente cos seus amigos mediante o botón “Share” do novo mando DualShock 4 a través da páxina Ustream.tv.

Esta función xa era coñecida despois de que a comezos de mes Neil Brown, xefe da división de I+D de Sony Europa, afirmara nunhas declaracións que a PlayStation 4 empregará un codificador por hardware específico para capturar automáticamente “varios minutos” de xogo.

TheLastofUsPoster
Segundo as cifras ofrecidas por Sony, a nova xoia de Naughty Dog acadou a cifra das 3,4 millóns de copias vendidas entre o 14 de xuño (data de lanzamento) e o 3 de xullo, converténdose así na nova franquía máis rápida da historia da PlayStation 3 en acadar esas cifras.

O presidente de Sony Computer Entertainment (SCE), Shuhei Yoshida declarou:

“Estas cifras de vendas son unha proba da exitosa calidade de “The Last of Us”.

“Os equipos de Naughty Dog son auténticos visionarios e as súas capacidades narrativas son inigualables. Este título é unha demostración indiscutible.”

“SCE segue tendo o compromiso de ofrecer experiencias únicas de xogo que redefinen a industria do entretemento interactivo e “The Last of Us” é un exemplo perfecto.”

Por se aínda non o probáchedes, podedes ler a análise que fixemos deste videoxogo recentemente.