IMPORTANTE: En Memoria Pixelada empregamos "cookies" propias e/ou de terceiros para o correcto funcionamento da páxina. Se continúas a navegar na nosa páxina, entendemos que aceptas o uso destas "cookies". Se non aceptas o seu uso no teu navegador, por favor, abandona a páxina inmediatamente.
Sonic Adventure é unha das maiores “aventuras” de Sonic. E sendo o primeiro xogo de Sonic completamente en 3D, podes ter a certeza de que hai un lote de ideas, esbozos e obxectos descartados. Tantos, que mal caben todos neste vídeo!
Sega non quere que Sonic morra definitivamente e anunciou que o equipo de desenvolvemento orixinal dos mellores xogos do ourizo azul, o Sonic Team.
Este novo xogo, do que ainda non se publicaron imaxes, sairá para iOS e Android, terá o nome Sonic Runners, e prometéronse máis datos acerca del no vindeiro mes de Xaneiro.
Este artigo foi unha brincadeira do Día dos Enganos. Todo o que di é inventado.
Se por algo destacou Facebook nos seus primeiros anos foi polos xogos. Eran simples aplicacións en flash, mais o feito de poder xogar de modo social deulle unha nova volta ao concepto. Moitos outros foron detrás, como Nintendo co seu Wiiverso, mais sen a enorme base de usuarios que ten a rede de Zuckerberg é difícil chegar a callar no mercado.
E así chegamos aos novos movementos de Facebook. Hai menos dunha semana anunciaban a compra da empresa de realidade virtual Oculus VR por 2.000 millóns de dólares, no que os medios cualificaron como primeiro paso dunha incursión no ámbito dos videoxogos. Hoxe, para sorpresa de moitos, foi anunciada a compra da compañía nipona SEGA, coñecida por desenvolver sagas tan famosas como as do ourizo Sonic ou Crazy Taxi.
Mark Zuckerberg (CEO de Facebook) e John Cheng (Presidente de SEGA of America) na rolda de prensa desta mañá.
Mais o prezo que pagou Mark non foi barato. A compra realizouse por 23.000 millóns de dólares, superando así os 16.000 que pagou por Whatsapp e situándose como a compra máis cuantiosa realizada pola rede social até a data.
Debemos entón preocuparnos? Para nada. Desde SEGA enviaron un comunicado anunciando que nada vai mudar. Continuará a desenvolver xogos para as principais plataformas e o seu acordo con Nintendo acerca da saga de Sonic seguirá vixente polo momento. Da parte de Facebook dixeron que se trataba dunha adquisición estratéxica que non mudará nada, mais non deixan de crecer os rumores dun novo centro de xogos dentro da rede social, a medio camiño entre Steam e Google Play Games.
Estará Facebook a abranxer demasiados ámbitos? Suporá isto un paso sen retorno aos xogos sociais? Voltará SEGA á primeira liña de combate no mundo dos videoxogos? Quen sabe…
Como xa anunciaban os nosos compañeiros de Código Cero, SEGA acaba de publicar o xogo de Sonic primixenio para móbiles. E por unha vez os de SEGA fixeron as cousas ben, cunha versión mellorada, e non as emulacións trapalleiras ás que estamos afeitos (o Sonic Classics Collection da DS aínda me provoca náuseas…). Así, teremos a primeira aventura do ourizo a 60 fps, formato panorámico, e con interesantes engadidos como usar a Tails ou a Knuckles. Todo isto por 2,81€ na Google Play Store e na App Store.
E as novidades móbiles non acaban aquí, senón que xa hai rumores de que están a preparar algo semellando para o Sonic the Hedgehog 2. E sumade a isto a versión mellorada do Sonic CD, que está dispoñíbel desde hai tempo por 2,80€ (Google Play, App Store). Sen dúbida, non habedes de encontrar forma mellor de rexogar estes clásicos… a non sei que teñades unha Mega Drive, claro. Todos os xogos lucen máis bonitos se se xogan na súa plataforma orixinal.
SEGA e Nintendo, do odio ao amor hai só un paso
Atrás fican os tempos de rivalidade entre segueiros e nintendeiros. Os tempos do “Genesis does what Nintendon’t”. Tempos de loitas encarnizadas entre quen defendía a supremacía do ourizo azul e quen vivía enganado pensando que un fontaneiro italiano podía ser mellor. Todo iso xa pasou. Hoxe en día Nintendo e SEGA camiñan de mans dadas pola rúa mentres ollan un para o outro con cariña romántica.
Aonde quero chegar? Pois a que SEGA e Nintendo asinaron unha colaboración pola cal sairán 3 xogos exclusivos de Sonic para as consolas de Nintendo. Isto significa que haberá 3 novos xogos do ourizo para a Wii U e/ou a 3DS que non sairán en ningunha outra plataforma.
Deses 3 xogos exclusivos de Nintendo sabemos o seguinte:
Dun deles non se falou nada, non se sabe que é o que estarán a argallar.
No Nintendo Direct que mencionamos antes, o mestre Satoru Iwata dixo que sería un “xogo de acción, plataformas e aventuras exclusivo para Wii U e 3DS” e que teríamos máis información acerca del no E3. Que podemos agardar del, un xogo bo ou un fiasco?
Parece ser que SEGA non sabe realizar máis Sonic, abonda con ver os fracasos de cada título que sacan ao mercado.
Mais tampouco se pode dubidar que os primeiros Sonic son excelentes xogos que marcaron a máis dun xogador, e Sega, consciente deste feito non se quere arriscar e adaptará a primeiro Sonic ás plataformas Android e ISO.
Parece ser que Sonic The Hedgehog chegará este mesmo mes a Google Play a un prezo de 2.99€, e aínda que a IOS aínda non está confirmado, todo apunta que aterrará máis ou menos ao mesmo tempo.
Porque vale máis Sonic coñecido, que malo por coñecer.