Nos chats non todo é o que parece

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 9:10 COMENTAR

Todos sabemos que os chats son ferramentas que temos que usar con moito ollo, e situacións como a que lle aconteceu a este adestradora de Pokemon pode acontecerlle a calquera.

Ler o resto da entrada »

Kinect continúa eliminando especies

Por: Mércores, 26 de Xaneiro de 2011, 12:59 3 COMENTARIOS

Anteriormente xa dixen que o Kinect era un ser maligno, e pouco a pouco e indirectamente está rematando con todos os seres vivos da Terra.

Parece algo cómico pero a súa conquista avanza sen pausa, e individuo a individuo vamos caendo todos.

O seguinte vídeo amosa un exemplo no que demostra que incluso ataca aos humanos.

Facédeme caso e pechade as portas, bloqueade as ventás e sobre todo non permitades que o Kinect entre nas vosas vidas.

http://www.youtube.com/watch?v=G9cKN-2Us8Y&feature=player_embedded

Cando os píxeles invaden a realidade

Por: Luns, 24 de Xaneiro de 2011, 10:22 COMENTAR

Nesta páxina sempre fomos amantes do píxel, aínda que sempre se limitou ao alén da pantalla.

Pero que acontecería se todos estes píxeles invadisen o mundo real?

Creo que sería algo similar a estas imaxes:

Ler o resto da entrada »

A perigosidade de Kinect

Por: Domingo, 23 de Xaneiro de 2011, 18:25 COMENTAR

Fake ou non Fake, o seguinte vídeo amosa que o Kinect non é un artiluxio benévolo, máis ben é un artefacto creado por mentes perversas para destruír pouco a pouco as especies do planeta.

http://www.youtube.com/watch?v=mJGWRNiDSp0&feature=player_embedded

Gadgets para soñar

Por: Xoves, 20 de Xaneiro de 2011, 15:10 COMENTAR

A capacidade dos usuarios para realizar creacións extrañas é ilimitada, e aínda que moitas delas non deixan de ser simples anécdotas pasábeis, as que vos presento aquí merecen un recoñecemento.

Co photoshop fanse moitas cousas, e qué mellor para alegrar unha mañá que pasarse por Worth1000 e atoparse con estas imaxes.

Ler o resto da entrada »

Pois si que teñen un parecido si…

Por: Mércores, 19 de Xaneiro de 2011, 17:48 1 COMENTARIO

                                            

Visto en Gamesajare

Os fatalities que nunca vos deixaron ver

Por: Domingo, 16 de Xaneiro de 2011, 23:27 1 COMENTARIO

Se hai un concepto que describe aos Mortal Kombat é a palabra Fatality. Estes movementos especiais que permitían rematar unha boa loita fixeron desta saga de loita unha das máis famosas do panorama.

Pero non vos enganedes, como en todos os aspectos da vida hai detalles que sempre nos queren ocultar e aquí amósovos unha serie de Fatalities que nunca vistes.

MarioKartality e Chuck Norrisality son só dalgúns fatalities que podedes ver a continuación, este último, sen dúbida, o peor de todos.

Nada é o que parece, amigo

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 19:54 COMENTAR

Ás veces o conto cambia e teño unhas imaxes que cercionan o dito:

Sonic non ten traballo e o que fai nos videoxogos ultimamente non está á altura, así que tense que adicar a outras cousas.

sonic-compro-oro

Tamén os de Street Fighter se adican a outras cousas, como cazar dragóns:

street-fighter-fantasy-739x1024

E Link ten unha pinta algo máis cruel e serio:

link-of-war

Mario vs Songoku

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 15:36 COMENTAR

Se hai dous personaxes que movilizaron a varias xeracións estos foron Songoku e o bo de Super Mario, pero que pasaría se pelexaran entre eles?,un coa onda vital e outro coa bola de lume, un co teletransporte e outro cos saltos, un salvador do planeta e outro… tamén.

Deixémonos de palabras inútiles e mirade este vídeo que non ten desperdicio ningún.

Doces soños

Por: Xoves, 16 de Setembro de 2010, 12:26 COMENTAR

Doces soños

[Planeta Phixel] Entrevista a ICO

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010, 15:11 COMENTAR

ico 2

Moi boas tardes a todos os lectores que seguen as mellores entrevistas de toda a rede. Se anteriormente tiveramos a sorte de poder falar con Mario, desta volta continuamos no planeta Phixel e déronnos a oportunidade de conversar con ICO.

-Xa fai moitos anos que sufriches aquel percance naquela illa misteriosa, pero podes explicarnos coas túas palabras o que supuxo en ti?

-Xa estou ata os collóns da mesma pregunta e xa me canso de repetir o de sempre, uns piiiiiiiiiiiiii (pitido de censura) pensaron que estaba posuído e quixéronme encerrar par sempre, despois saín daquela cárcere e non sei como piiiiiiiiiiiiii sobrevivín.

-Parece que o noso convidado ten mal xenio, pero por favor ICO, pediríache que falases correctamente e non empregases palabras mal soantes.

-Eu vou falar como me sae da piiiiiiiiiiiiiii, piiiiiiiiiiiiiiii.

-Como inflúen esos cornos na túa vida social?

-Xa tivo que saír o piiiiiiiiiii tema, pois imaxínate ti, nos cines molesto aos de atrás, non podo poñer gorros,case non collo dentro dos coches…como ves non estou moi contento con eles, así que como volvas falar de eles, utilizaréinos para facerte calar piiiiiiiiiii.

-Tranquilo, aquí respetamos aos entrevistados, así que non tocarei máis o tema. E cambiando de conversa, onde se atopa Yorda?

-A verdade é que me denunciou e púxome unha orde de alonxamento,porque parece ser que a quixen secuestrar. Todo empezou despois de que saíra de aquel cilindro onde me deixaron os piiiiiiiiiii, xa que a ela atopeima un pouco despois, e aínda que eu sempre a levaba pola man para sacala de alí e afastala daqueles monstros, ela alegou intento de secuestro.

-Pero como é posíbel iso se ti o que querías era axudala?

-Si, pero parece ser que nunca existiron tales seres,ela estaba de visita no castelo e foi cando a comecei a levar conmigo

-Entón aqueles seres dos que falas foron imaxinación túa?

-Ehhhh…., a verdade é que estou ingresado nun psiquiátrico por delirios,alucinacións e non sei que máis cousas dixeron, e ademáis aquel día estaba borracho de todo, por iso me deron collido aqueles piiiiiiiiiiiiii, así que non sei se existían de verdade ou non, cada un que pense o que lle saia dos piiiiiiiiiiiiii.

-Tranquilo,tranquilo, xa só me faltan un par de preguntas para rematar

-Pois vai apurando que me canso de verche esa piiiiiiiiii cara.

-Contan as historias que teu pai foi un heroico home que fixo fronte a temíbeis criaturas,canto hai de certo nisto?

-Pódesllo preguntar ti cando queiras, xa que reside na habitación 415 no mesmo psiquiátrico no que me teñen vivindo a min

-E para rematar, aclarácheslle a toda a sociedade que esos cornos non son ningunha maldición,se non un defecto xenético?

-Díxenche que non volveses sacar o tema maldito piiiiiiiiiiiiiiiiii,vas ver para que serven os cornos, toma, toma, toma,toma piiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,piiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Imaxes censuradas por agresividade

Dez minutos despois:

-Sentimos o acontecido anteriormente, informamos que o anterior periodista resultou ferido de gravidade aínda que agora está estable, parece mentira que un corpo tan pequeno poida facer tanto dano,en fin ata aquí a entrevista de hoxe