Pokemon Hill

Por: Mércores, 2 de Marzo de 2011, 16:11 COMENTAR

Hoxe é un día tranquilo, sen novas relevantes, sen polémicas e absurdas declaracións… e como o día esta nuboso e con zonas de néboas creo que non está demáis presentarvos esta mutación entre os típicos Pokemon e a terríbel saga Silent Hill.

Como non, visto en: Paraíso Friki

Para os fumadores

Por: Martes, 1 de Marzo de 2011, 11:17 COMENTAR

Supoño que pouco se debe engadir a esta curiosa imaxe, pero para todos aqueles fumadores aquí deixo esta metáfora en forma de videoxogo:

Xenial fanart de Mass Effect

Por: Luns, 28 de Febreiro de 2011, 7:42 COMENTAR

Cando as cousas se fan ben, o resultado nótase. Dentro das cousas ben feitas podemos meter as creacións deste fan de Mass Effect que creou uns artworks do máis acolledores.

Impresionantes, sen dúbida. Se non me credes fixádeos nesta Amanda.

Por certo, neste enlace atoparedes toda a coleción de artworks que deberiades ver, porque non teñen desperdicio ningún.

Mario Kart Real

Por: Luns, 21 de Febreiro de 2011, 14:20 3 COMENTARIOS

Mario Kart, o mellor xogo de condución da historia, e xa está.

Quizáis soa moi seguro e ameazante pero quero transmitir o enorme aprezo que lle teño a este título, e por isto, non me puiden resistir a poñervos aquí o que sería unha carreira de Mario Kart na cruda realidade.

O vídeo non está mal,pero falta algo que non se debe perdoar, a salvadora ou frustradora cuncha azul.

O humor sempre debe estar presente

Por: Martes, 8 de Febreiro de 2011, 12:35 COMENTAR

Supoño que vos ten pasado que cunha simple imaxe tedes rido horas e horas, e por máis que pretendes non pensar nela, o cerebro xógacha e resáltache a fotografía cómica.

Pois ben, facédevos un favor e botádelle un ollo á páxina Humor tonto para xente intelixente na cal encontrades imaxes do máis simpáticas,grazas á orixinalidade do autor.

Aquí só vos amoso algunhas das relacionadas co noso tema.

De verdade,merece a pena velas:

Ler o resto da entrada »

E medran, e medran, e medran…

Por: Domingo, 6 de Febreiro de 2011, 18:23 COMENTAR

Soul Calibur é unha das mellores sagas de loita do panorama,pero pensastes algunha vez porque ten tantos seguidores?. Pois non é nin pola xogabilidade, nin pola diversión que producen estos xogos, só é por ver a evolución da voluptuosa Ivy.

E a que me refiro con evolución?, poi a isto:

Como será no Soul Calibur 5?, a pobre muller terá que pelexar cun arnés porque se non veremos como se defende. Aínda que por outro lado os homes íaos mansiños de todo.

Despois do salto comprovaredes no que se rematará convertindo esta espectacular saga.

Visto en Gamesajare

Ler o resto da entrada »

Perigos de xogar á PSP

Por: Venres, 4 de Febreiro de 2011, 14:41 COMENTAR

Mira que a pseudo-prensa mal informada alarmista acusou aos videoxogos de case todo. Que provocaban caries, que fomentaba a creación de asasinos, causantes do fracaso escolar,etc.

Pero esquecéronse doutro dos perigos de xogar aos videoxogos, e aquí vai o título:

Se xogas á PSP poderás ser atropelado por un tranvía

Como exemplo aquí vos deixo a este raparigo que está enganchado cousa mala a un videoxogo. E agora o Skaltumconsello:

Xogade na casa, no parque,enriba dun palleiro,debaixo da cama…onde queirades, pero sentados e desfrutando dos videoxogos,así evitamos despistes como o deste neno, que por certo, onde estarán os seus pais?

http://www.youtube.com/watch?v=ukEFBly4UKE&feature=player_embedded

Malicia de Mario

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011, 15:22 COMENTAR

Exteriormente vemos aos personaxes de Mario como seres inanimados e sen personalidade, pero a verdade é que teñen o seu corazonciño e sofren o seu.

Sen ir máis lonxe ben coñecemos á bola negra que ataca a Mario, sempre atada a un tronco,sempre tentando saír, sempre escrava do seu destino.

Pois Mario non só non lle axuda, se non que xoga cos seus sentimentos.

Canta maldade hai no mundo.

Moitos xogadores (eu incluido), queixámonos moitas veces da invisíbel dificultade dalgúns videoxogos.

Pois eu son dos que aínda me sigo queixando, pero se fose como aparece neste vídeo tampouco estaría moi de acordo, aínda que as risas nas tardes de colegas estarían aseguradas.

Visto en Pixfans

Xogar á Xbox 360 cunha soa man

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011, 12:03 COMENTAR

Sempre é bo ter unha man libre para…para facer o que sexa, cada un que obte pola actividade que queira, por iso un bo usuario creou un mando da Xbox 360 que se emprega cunha soa man.

Parece que non é moi cómodo de usar, pero xogar o Bayonetta ou o próximo Catherine con este mando sempre…alivia.

Ata os deuses xogan o Call of Duty

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011, 11:52 COMENTAR

Unha imaxe vale máis que mil palabras:

Humanismo de Toad

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 14:06 COMENTAR

Por se algún xogador pensa que os personaxes de Mario non teñen carácter humanista…aquí vos deixo esta imaxe que demostra o contrario.

Por certo,cando vín esta imaxe dubidei un intre en poñela na páxina pola súa falta de importancia, pero que demo, é Toad no baño, como non a ía poñer?