A última cea

Por: Martes, 17 de Maio de 2011, 12:36 COMENTAR

Aínda non sabedes como funciona a miña mente?, pois por exemplo para min a última cea aproxímase a esta xenial imaxe.

Tetris Portal

Por: Martes, 3 de Maio de 2011, 9:35 COMENTAR

Hai veces que a mestura entre varios videoxogos non mola,non mola nada. E se non me credes fixádevos o que lle pasaría ao Tetris se tivesemos funcións do Portal.

Así se debería mover Mario

Por: Luns, 2 de Maio de 2011, 12:07 COMENTAR

Estamos acostumados a ver saltar a Mario polos seus escenarios e aínda que a diversión está asegurada, o espectáculo podería ser maior. E digo isto porque despois de ver brincar,caer,ostiarse,rodar e demáis movementos acrobáticos destes xenios do parkour,Mario queda a un paso (ou salto) por detrás.

Sempre me chamou a atención este deporte, e miro con envexa, como este grupo realiza as máis variadas coreografías a base de saltos espectaculares.

Super Mario+Portal= Super MarioPortaleando

Por: Mércores, 27 de Abril de 2011, 10:36 COMENTAR

Un dos xogos que está de moda é a segunda parte de Portal. Aínda non o puiden probar, pero asegúrovos que nun futuro teredes o respectivo análise por esta páxina, pero dándolle unha volta ao asunto,como sería un Mario coa curiosa arma de Portal?

Como sempre,aquí a resposta.

Sacado de Pixfans

Todos aqueles que amamos as plataformas creo que sempre tivemos unha pequena curiosidade con respecto a estos videoxogos,e non é outra que o de ver ao noso protagonista cun motor gráfico impactante.

Explícome. Estamos acostumados a ver FPS realistas, aventuras gráficas que parecen reais, pero por algún motivo os plataformas sempre acaban cun apartado técnico…diferente.

Pois en Wildgames atópome cun destos proxectos realizado por fans que de seguir adiante arranxando os erros que vemos, podería convertirse nun referente (igual me pasei un pouco), pero como mínimo, curioso é.

Así,coas ferramentas que os desenroladores deixan aos usuarios, creouse este vídeo, no que vemos a Crash moverse co motor gráfico de Crysis. Está claro que aínda ten erros, sobre todo no referente aos saltos, pero imaxinemos por un momento que algunha empresa se fixa neste vídeo e decide realizar un Jak & Daxter realista. Cómo sería?

Que ben encaixan algúns xogos

Por: Martes, 12 de Abril de 2011, 13:07 COMENTAR

Preséntovos esta xenial imaxe creada con títulos de xogos da propia Game Boy. O resto que poida engadir sobra.

W.C Retro

Por: Mércores, 6 de Abril de 2011, 12:37 4 COMENTARIOS

Vale, o baño non é que sexa o máis grande que vín, pero non me digades que non é acolledor.

Zelda evolución

Por: Martes, 29 de Marzo de 2011, 11:09 COMENTAR

Os artwork creados por fans estanse poñendo cada vez máis famosos, será pola calidade que teñen ou polos recordos que nos invaden cando os vemos, pero o certo é que cada vez desfruto máis vendo estas imaxes.

Hoxe tócalle o momento a Zelda, cunha imaxe que resume a súa progresiva evolución.

Pokemons de baixa economía

Por: Xoves, 24 de Marzo de 2011, 15:07 COMENTAR

Co enorme éxito que tivo e ten Pokemon, é normal que teñan grandes evolucións e grandes ataques, pero tamén temos que facer un esforzo e pensar nos Pokemons que non teñen demasiado diñeiro.

E máis ou menos sería algo así, pero moito me da que o espectáculo ía ser menor, pero as risas moito maiores así que pode que compensase.

Metédevos na pel de Mario

Por: Luns, 21 de Marzo de 2011, 11:46 1 COMENTARIO

Vimos o grande Mario de todos os xeitos posíbeis, excepto no que vos presento hoxe, é dicir, dende os seus propios ollos.

Con todos vós, Super Mario en primeira persoa.

Donkey Kong clásico na actualidade

Por: Xoves, 10 de Marzo de 2011, 0:39 COMENTAR

Recordades a primeira vez que fixo aparición Mario?, por suposto, era no clásico Donkey Kong no cal tiña que ir sorteando os obstáculos que lanzaba o simio ata chegar xunto a princesa.

Pois un dos seus fans imaxinou como sería unha versión nestes días que corren e o resultado é asombroso. Tanto que incluso o propio creador ten pensado sacar unha versión xogábel.

Non me extraña, porque verdadeiramente parece creación dunha compañía medrada, con bos gráficos, ambientación coidada e gran cantidade de situacións.

Así da gusto ver versións novas.

Scorpion vs Donkey Kong

Por: Luns, 7 de Marzo de 2011, 12:17 COMENTAR

Outra de tantas mesturas entre xogos clásicos volve por aquí, e se vos pregunto quén pensades que gañaría entre Scorpion de Mortal Kombat ou Donkey Kong seguro que apostariades por Scorpion, pois…tedes razón.

É que Donkey Kong peca de bo.