Son Goku vs Mario e Luigi

Por: Sábado, 25 de Xuño de 2011, 12:50 COMENTAR

Dei voltas a pensar se estaría ben subir este .gif á páxina ou non e finalmente non me dei aguantado. Teño que volo mostrar.

Se é que merece a pena velo, non mo neguedes.

Dragon Ball N

Por: Xoves, 16 de Xuño de 2011, 15:12 COMENTAR

Os personaxes de Nintendo sufriron todo tipo de parodias e imitacións, pero dende logo esta que vos amoso é do mellor que vin en moito tempo.

Será porque tamén son enorme seguidor de Dragon Ball?,isto é o que se pode denominar unha auténtica fusión.

Non ten desperdicio a imaxe.

Vella escola

Por: Mércores, 15 de Xuño de 2011, 11:17 COMENTAR

Ben sei que iso de que o tempo pasado foi mellor é unha simple ilusión, pero ás veces e vendo imaxes como a seguinte, faime imposíbel rememorar grandes momentos.

Espero que dentro de vinte anos aconteza o mesmo con esta etapa.

Se non segues Memoria Pixelada…

Por: Martes, 14 de Xuño de 2011, 8:56 2 COMENTARIOS

Se non segues Memoria Pixelada = non estás informado das novidades videoxoguís

Se non estás enterado das novidades videoxoguís = arriscaraste a mercar un xogo malo

Se mercas un xogo malo = gastarás 70€ nalgo que non queres

Se mercas algo que non queres = enfadaraste

Se te enfadas = serás antipático

Se eres antipático = caerás mal

Se caes mal = non gustarás a túa cita de hoxe

Se non gustas a túa cita de hoxe = non establecerás relacións sexuais

Se non estableces relacións sexuais = enfadaraste aínda máis

Se te enfadas aínda máis = non durmirás

Se non dormes = imsomnio

Imsomnio = trastorno do sono

Trastorno do sono = enfermidade

Enfermidade = Morte

O señor Sonic dos aneis

Por: Domingo, 12 de Xuño de 2011, 12:36 COMENTAR

Agora entendo moitas cousas vendo a seguinte imaxe. Todos os personaxes do Señor dos Aneis eran Nintenderos de toda a vida, e querían destruír o anel para que Sonic non batise ningún récord.

E eu sen percatarme desta obviedade.

Algún día tiña que acontecer

Por: Venres, 10 de Xuño de 2011, 12:46 COMENTAR

Estaba claro, a bondade de Mario íase acabar algún día e farto de excusas sen argumento o noso protagonista tíñase que poñer serio, e vaia que se se puxo serio.

Vía: Pixfans

Penso que o seguinte gif identifica perfectamente o que aconteceu neste E3 coas tres compañías maioritarias. A máis aburrida foi a de Microsoft con tanto Kinect e tanta trapallada, e a de Sony salvouse pola nova portábel, aínda que debería ter sido máis espectacular. A única que nos deixou co calzoncillo mollado (por ben ou por mal), foi Nintendo coa súa Wii U.

Certo, a maioría de nós estamos bastante descontentos con este novo artiluxio/consola, pero Nintendo conseguíuno unha vez máis.

Todos están a falar dela esquecéndose por completo das anteriores conferencias.

Inimigos de Super Mario

Por: Domingo, 5 de Xuño de 2011, 13:39 COMENTAR

Acostumados á beleza e claridade dos escenarios e inimigos da saga Super Mario, a nosa mente non procesa moi ben como sería un Mario exclusivamente para adultos, pero para axudarnos a imaxinar isto, sempre temos a sorte de contar con fans artistas que realizan imaxes tan impactantes como estas, na que se nos presentan dous dos seus inimigos máis emblemáticos, pero cun redeseño algo máis…agresivo.

10 vantaxes de xogar a un título malo

Por: Venres, 3 de Xuño de 2011, 13:47 COMENTAR

Estamos fartos de escoitar sobre o bos que son algúns videoxogos, sobre as sensacións que transmiten, os recordos que nos perduran ao longo dos anos e toda unha serie da vantaxes que nos inundan, pero por que non darlle a volta o pastel e vemos cuns ollos máis optimistas as vantaxes desta serie de videoxogos que nunca deberían ter saído ao mercado.

Aquí vos deixo 10 vantaxes de xogar a un título malo.

  1. Empregalos como somníferos. Como contraposición, se un xogo non é divertido é que é aburrido, e o aburrimento sempre fomenta o sono.
  2. Permíteche atender a varias cousas á vez, é dicir, se estás xogando a un título bo, a túa atención está completamente fixada no videoxogo, pero se o xogo é dos ruíns podes aproveitar para escoitar música ao mesmo tempo, estudar un pouco entre carga e carga… xa que o interés polo título non é completo
  3. Se es dos que pensas que un bo crítico só se dedica a poñer a parir filmes, libros, videoxogos… pois tes unha vítima para facer seguir medrando a túa tontería.
  4. A merca dese videoxogo produce ganancias á empresa desenroladora, estas ganancias converteranse en motivacións,estas motivacións permitirán crear outro xogo que poida ser mellor que o primeiro (demasiadas casualidades se deben dar)
  5. Acabas de coñecer a unha persoa coa mesma consola que a túa e cun impresionante xogo que acaba de saír ao mercado. Pois xa podedes facer un intercambio, ti déixaslle a túa trangallada e el a súa obra de arte. O único que pode saír perdendo e el.
  6. Sérveche para vendelo de segunda man nunha das tantas tendas que levan a cabo este proceso, e sei de primeira man que danche tanto polo mellor xogo do mercado como pola peor “bazofia” do planeta.
  7. Un xogo sempre aumenta a túa colección, deste xeito ao mirar como a túa estantería se vai cubrindo de videoxogos , medra o teu interior friki facéndote máis feliz.
  8. Cando xogas a este tipo de videoxogos é imposíbel non tentar berrar e insultar polos cartos malgastados. Con estes berros e insultos liberas adrenalina que che fan esquecer calquera dor que tiveses anteriormente.
  9. Unha vez que rematas o xogo pregúntaste, Como pode haber persoas que saquen esta cousa a un prezo tan elevado? Como hai xente que se aprobeite dos consumidores deste xeito? Como nos poden enganar con tanta publicidade enganosa? Inconscientemente estás aprendendo a sobrevivir no mundo no que estás, con preguntas que o mellor nunca te farías. Estes xogos estante preparando para os paus que da a vida.
  10. Sérveche para crear un post bastante innovador sobre as dez vantaxes que ten xogar a un xogo pésimo.

 

Grande espectáculo teatral de Portal

Por: Martes, 31 de Maio de 2011, 16:04 COMENTAR

Uns cartóns e moito enxeño é o que fai falla para realizar un espectáculo que cative a todo o público. E xustamente é o que fixeron este grupo de persoas poñendo como tema de fondo o videoxogo Portal, e imitando o poder da súa arma.

Dende logo mantén ao espectador atento en todo o momento, tanto aos que desfrutaron deste xogo (axiña xogarei á segunda entrega), como aos que non, xa que a forma en que realizan esta “performance” é suficientemente boa e dinámica como para enganchar a calquera.

Botádelle un ollo.

Kratos non se fía da 3DS

Por: Domingo, 29 de Maio de 2011, 8:43 COMENTAR

Kratos non se fía de ninguén nin de nada, e queda demostrado neste vídeo no cal discute co mesmo Deus de Deuses sobre a grandeza da nova portábel de Nintendo.

Desculpade a pésima calidade gráfica.

Unha soa palabra: AMOR

Por: Venres, 27 de Maio de 2011, 8:18 COMENTAR

Podería escribir unhas palabras reiterando as miñas boas lembranzas con estes trebellos, pero a estas alturas penso que non é necesario facelo.