Street Fighter en 8 bits (amor puro)

Por: Xoves, 25 de Agosto de 2011, 16:34 COMENTAR

Todos temos botado as nosas partidas ao Street Fighter, non nos enganemos, mais esta vez será a primeira que vexades o videoxogo desta maneira.

Unha mítica pelexa entre o “chulapias” Ken e a áxil Chun Li que che enche os ollos desde o primeiro momento e chega mesmo a namorar.

Botádelle unha ollada e opinade.

Un fallo ganador

Por: Martes, 23 de Agosto de 2011, 21:35 1 COMENTARIO

Non é que sexa moi seguidor das sagas de fútbol (onde quedan esas partidas ao Red Car Soccer onde non existen as faltas?), pero hai algúns fallos que se merecen ver, e recrear.

A realidade do ‘L.A Noire’

Por: Sábado, 6 de Agosto de 2011, 14:35 COMENTAR

Honestamente só xoguei ao primeiro DVD da versión para a Xbox 360 deoL.A Noire, mais chegou perfectamente para comprender este simpático vídeo.

Se o probastes, tamén o habedes de entender.

O baile de Mario e Luigi

Por: Xoves, 4 de Agosto de 2011, 15:41 COMENTAR

Mira que pensaba que tiña visto case todo sobre Mario e compañía, mais canto máis me convenzo, máis me sorprenden estes vídeos.

Aquí temos un perfecto exemplo de por que Mario e Luigi se entenden tan ben, e non é por outra cousa que porque son grandes bailaríns.

Botádelle unha ollada que non ten desperdicio ningún. Como dicía o Manquiña no Xabarín Club «“Prefiro bailar twist…»

É ben certo que polas redes da Internet podes topar de todo. A última grande rareza, extrañeza ou como lle queirades chamar que topei foi esta, un vídeo do Super Mario Bros. correndo co motor gráfico do Unreal Engine.

A metade en primeira persoa, a outra metade en dúas dimensións e o resultado é algo… algo…

Mellor védeo vós e procurade a palabra que defina o seguinte vídeo.

PokéSonic

Por: Mércores, 20 de Xullo de 2011, 21:42 COMENTAR

Aquí vos deixo outra desas curiosidades que pasan ao esquecemento pero que te manteñen mirando á pantalla durante o minuto e pouco que dura.

O detalle é moi simple, todos recordamos con moito cariño o primeiro título de Sonic, concretamente a primeira fase. Pois ben, neste vídeo hai un intruso que secuestrou o Sonic e ocupou o seu lugar, Pikachu.

Estamos tan acostumados a ver correr o ourizo azul por esta fase que o cerebro non asimila moi ben o que está a ver neste minuto.

Estamos acostumados a ver o bo de Mario superar centos de obstáculos que tentan imposibilitar a súa chegada ao castelo, mais tamén estamos acostumados a ver este protagonista perecer no intento.

E como transformar todas estas mortes en arte? Pois este vídeo é o exemplo a seguir. Unha selección de imaxes impecábeis e unha música absolutamente encantadora (por favor, se ides ver este vídeo sen música non o fagades) compoñen unha curtamentraxe que aqueles melancólicos coma min agradecerán eternamente.

Estou a exaxerar? Pode ser, pero correxídeme despois de velo.

Se Link tivese a arma de Portal

Por: Mércores, 13 de Xullo de 2011, 12:40 COMENTAR

Que acontecería se Link puidese percorrer Hyrule coa arma do Portal? Pois este vídeo é un exemplo moi claro das accións que fariamos.

Simplemente xenial, sobre todo o truco para derrotar o último monstro do vídeo. Fantástico.

http://www.youtube.com/watch?v=KE3UXdvb56o

A peor partida encantadora de Super Mario

Por: Mércores, 13 de Xullo de 2011, 12:30 COMENTAR

Onde quedan eses videoxogos en que che daban puntos por matar algún inimigo, por coller moedas, por pasar as fases..?

Houbo un tempo en que todos eran así, e o máximo expoñente foi, é, e será o Super Mario. No vídeo a seguir observamos como un xogador remata o videoxogo con só 600 puntos. Para vos facerdes unha idea, só na primeira fase é posíbel conseguir máis do dobre sen moita dificultade, de aí a xenialidade da partida.

Medal of Honor Cat

Por: Luns, 11 de Xullo de 2011, 13:18 COMENTAR

En Anitgames vexo este curioso vídeo que nos ofrece a guerra desde outro punto de vista.

Un punto de vista máis felino, no cal cando a desesperación sucumbe ás nosas expectativas e debemos confiar nos recursos mínimos que topemos, neste caso…un gato.

Uns efectos moi traballados para un vídeo deste tipo e unha realización bastante depurada. Merece unha visualización.

O verdadeiro Paper Mario

Por: Venres, 8 de Xullo de 2011, 11:13 COMENTAR

Sempre dixen que os fans dalgunhas das personaxes máis emblemáticas dos videoxogos realizan proxectos tan bos (ou mellores) como as propias compañías.

Desta volta podedes ver o verdadeiro Paper Mario, e digo verdadeiro porque todo o que se mostra no vídeo está realizado con papel e, por riba, con moitísimo humor, algo que é de agradecer.

A realización é moi boa e as historias que contan faranvos sacar como mínimo un sorriso. Entón dádelle unha oportunidade, e se vos apatece ver máis vídeos do autor ide á web do Eric Power.

Boas noites a todos de novo. Volvémonos ver noutra das nosas entrevistas no planeta Phixel despois duns meses ausentes. Como saberedes tivemos problemas cos nosos aparellos electrónicos despois dun programa especial nos escenarios de InFamous. Pero como xa podedes comprobar, volvemos estar en activo e hoxe temos unha entrevista moi especial e máxica, porque temos con nós ao valente Link, que acaba chegar de Hyrule despois dunha longa viaxe.

Skaltum: Boas noites Link, primeiro agradecerche a túa atención, que sabemos que viñeches exclusivamente para estar connosco. Que tal a viaxe?

Link: Por riba do Oceano Zora apañamos turbulencias, mais fóra deste pequeno contratempo todo ben.

Ler o resto da entrada »