Camuflaxe Pac-Man

Por: Luns, 26 de Marzo de 2012, 8:39 COMENTAR

Pac-Norris

Por: Luns, 12 de Marzo de 2012, 14:20 COMENTAR

(Vía: ParaísoFriki)

Así pasa Chuck Norris unha fase de Mario

Por: Martes, 28 de Febreiro de 2012, 12:50 COMENTAR

Anteriormente xa vimos o bo de “Chuck” xogando ao Angry Birds pero agora vexamos como actuaría Norris nunha fase de Super Mario.

Se é que gañou a fama por algo…

Chuck Norris vs Angry Birds

Por: Luns, 13 de Febreiro de 2012, 12:59 COMENTAR

Os chistes de Chuck Norris non acaban nin acabarán (ou a súa furia desatarase) e tanto reparte nun filme como reparte nun videoxogo.

Desta volta vemos o que acontecería se este personaxe entrase no mundo de Angry Birds, non creo que sorprenda a ninguén…

Super Mario Crossover

Por: Mércores, 18 de Xaneiro de 2012, 13:40 COMENTAR

Aquí vos deixo outro xenial vídeo, é máis, quizáis o mellor vídeo retro que vin con esta temática. Todos aqueles que medramos cando os personaxes non eran máis que píxeles amontonados desfrutaredes como ninguén este vídeo.

Friki-lámpada

Por: Martes, 10 de Xaneiro de 2012, 19:35 COMENTAR

E aquí temos outro dos tantos obxectos que nunca terei e que chaman bastante a atención. Unha das tantas frikadas que alguén se lle ocorren para sacar algún diñeiro.

Así que xa sabedes, se hai algunha alma caritativa que me queira agasallar esta lámpada, entrade aquí que como podedes comprobar é barata, barata, barata…

As divertidas idioteces de Mario

Por: Mércores, 30 de Novembro de 2011, 17:34 COMENTAR

Dende o noso foro atopamos un curioso vídeo que nolo achega Aitor Abuín,e o certo é que me fixo moita graza.

Si, volvemos a ver a Mario vítima da man dalgún fan del que non dubida en facelo pasar as máis curiosas situacións, volvemos ver a Mario ríndose del mesmo, volvemos ver a Mario nas situacións máis surrealistas… pero se vedes o vídeo e non vos saca aínda que sexa un pequeno sorriso é que tedes unha moa infectada.

Botádelle un ollo que non ten dúbida.

Un Gamer dos que xa non quedan

Por: Xoves, 20 de Outubro de 2011, 14:42 COMENTAR

Como sempre estes xogaodores veñen dende o país nipón e non teñen problema ningún en sumerxirse no propio xogo, por suposto en recreativas e por suposto, non creo que tiveses problema ningún en dispararche se tes pos diante do seu campo de visión.

Un dos gamers dos que xa non quedan, dos que aínda saben desfrutar dos videoxogos, demasiado?, non sei, pero el seguro que o desfrutou máis que calquera outra persoa.

Ou Yeah.

Refraneiro Galego de Videoxogos

Por: Venres, 7 de Outubro de 2011, 0:12 6 COMENTARIOS

Vaia trangalladas que escriben aquí

1- Mario nos videoxogos, diversión nos miolos

2- Cando unha consola vai nacer, con ela un Ridge Racer vas ver

3- Só unha consola vas defender, moito entretemento vas perder

4- Cada portábel que sae á venta, menos portábel e máis se asenta

5- Xogos de filmes, merdas sublimes

6- Se te queres viciar, xoga ao Mario Kart

7- Se de Internet vas descargar, de seguro que te vas arruinar

8- Merda, hai que ir comer, pois dálle a pausa, comer e volver

9- O cooperativo nas campañas, menos tolería e máis mañas

10- Non teredes horas de diversión, se non estades sentados nun sillón

11- Se non queres ser un neno malo, botalle unha partidiña ao Halo (Carlos)

12- De tal ruído que fixen co Guitar Hero, o meu veciño quíxose dar un tiro (Carlos)

13- Se Miyamoto non dirixe un Zelda, o máis seguro é que sexa unha merda (Galaicus)

14- Se toda a vida non queres perder, menciñas, cogumelos e corazóns non has deixar de coller (Agrellagalega)

PD: Tentemos aumentar o Refraneiro Galego de Videoxogos entre todos. Todos os refráns que se vos vaian ocorrendo escribídeos nos comentarios e irei actualizando esta entrada.

Vamos ver se entre todos conseguimos o noso propio Refraneiro Pixelado.

Contamos coa vosa colaboración!

Fatalities de Smash Bros

Por: Xoves, 8 de Setembro de 2011, 15:40 COMENTAR

Aquí temos outro desos fantásticos vídeos de Dorkly nos que nos amosan algúns dos fatalities que se poderían incluir no clásico xogo de loitas de Nintendo.

P.D: Como gran admirador de Luigi non podo comprender como o empregan para levar acabo a maioría destas técnicas. Veña Luigi, que ben sabes que te escollo en todos os xogos que saes.

O futuro dos videoxogos

Por: Luns, 5 de Setembro de 2011, 15:51 COMENTAR

Cando falamos do futuro dos videoxogos cada un imaxina cousas diferentes, uns apostan pola realidade aumentada, outros imaxínanse un futuro se mandos, mentres que eu prefiro pensar en estar deitado na cama, co meu mando tradicional xogando a un pedazo de xogo divertido.

Como dixen, cada un observa o seu futuro, mais este personaxe que vos amoso e a súa habilidade coa electrónica fan un exemplo do que podería ser o futuro do Motion Gaming.

O resultado é curioso e mola, e creo que os de Sony deberían estar agradecidos por esta publicidade que lle ofreceron.

Análise do Devil May Cry 9

Por: Xoves, 1 de Setembro de 2011, 12:34 1 COMENTARIO

Na Internet encóntranse moitas cousas, mais xamais pensaría toparme cunha persoa que vendese unha máquina do tempo a un prezo bastante asequíbel. O problema era que lle faltaba unha peza e a comprala custaba moitísimo diñeiro, de aí que vendesen esta máquina do tempo. Mais atrevinme a facer este gasto e agora non me arrepinto de nada. Substituín a peza por unha algo máis caseira (hai que buscar solución a todos os problemas) e con moitos nervios decidín probala. O resultado? Viaxei ao futuro e tiven a oportunidade de xogar á novena parte do Devil May Cry.

Se queredes ver que me pareceu, continuade a ler.

Ler o resto da entrada »