
Días despois do seu lanzamento, o SimCity segue a crear polémica entre moitísimos usuarios, debido á necesidade de estar sempre conectado á Internet e os fallos de conexión dos servidores de Electronic Arts, que impiden xogar normalmente aos usuarios. E é que se obrigas aos xogadores a estar sempre conectado, como mínimo, deberíase ter unha infraestructura adecuada para soportar a demanda, sobre todo, cando eses usuarios pagaron unha boa cantidade para poder xogar.

Captura de pantalla dun dos problemas de conexión.
Onte mesmo, moitos dos furiosos seguidores desta saga viron a luz, cando un usuario publicou na páxina Reddit.com que aproveitando a posibilidade de facer modificacións que ten o xogo (como nas sagas anteriores que tanto éxito tiveron e que lle deron unha enorme vida), conseguíu habilitar o modo debug (desbichador, que traduciría un antigo profesor meu… xD) que lle permitíu xogar sen ter que estar conectado. Dende EA apresuráronse a eliminar o fío dos seus foros e comentar que se o xogo require conexión online é para aproveitar ao máximo certas características deste.
Outro dos motivos das iras dos usuarios é o reducido tamaño que teñen as cidades nesta entrega, moito máis pequenas que nas anteriores.
En vez de avanzar, parece que vamos para atrás…
Moi mal, Electronic Arts, MOI MAL!!!