Xa podemos xogar a Alchemilla

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Pode que a moitos non vos soe o nome Alchemilla, pero de seguro que Silent Hill si que o fai. Antes de seguir lendo, botade unha ollada a este vídeo:

Alchemilla é un mod feito para o motor Source baseado no universo Silent Hill, pero os seus creadores recalcan unha e outra vez que non é unha versión de ningún dos xogos da saga.

O xogo está baseado por completo en resolver puzles, mantendo da lexendaria saga a presión de non ter modo de defenderse dos inimigos mentras tentas atopar as solucións, o que de seguro que fará que máis de un recorde as sensacións provocadas polo xogo de Konami.

Xa que é un mod, Alchemilla require ter instalado no noso equipo a ferramenta Source SDK Single Player 2013, que está entre as que poden ser descargadas gratuitamente dende Steam, e o xogo o podemos descargar dende esta web.

Gif Cabeza de Pirámide

Por: Luns, 13 de Agosto de 2012, 15:00 COMENTAR

[Vía: Puramierda]

Análise de Silent Hill: Downpour

Por: Sábado, 7 de Abril de 2012, 13:56 COMENTAR

Non corren bos tempos para a saga de terror psicolóxico máis famosa de todos os tempos, non corren bos tempos para Silent Hill e lonxe quedan aqueles títulos sorprendentes que nos sumerxían de cheo nunha atmosfera perturbadora.

Pero co afán de seguir explotando a saga e a paciencia dos máis incondicionais atopámonos con Downpour un xogo moi frouxiño en todos os seus aspectos.

Ler o resto da entrada »

Cabeza Pirámide

Por: Martes, 4 de Outubro de 2011, 15:04 COMENTAR

Parécevos que exaxero no título?, pois despois de dicirvos que Silent Hill: Book of Memories será un novo xogo da saga para PS Vita, quero propoñervos unha cousa.

Seguro que a maioría de vós xogastes a algún Silent Hill, pois imaxinádevos como podería ser na próxima portábel de Sony, imaxinade ben, porque moito me temo que non ides acertar coa realidade.

Tampouco son moi fanático desta saga a verdade (aínda que xogara a case todos) mais despois de ver o seguinte gameplay non quero saber como se deberán sentir os verdadeiros seguidores de Silent Hill, moito me temo que estarán a chorar.

Perspectiva cenital?, maxias?, si amigos, benvidos a “Book of Memories”

Moitos dos seguidores da saga de terror psicolóxico, Silent Hill, só estaban agardando na conferencia de Konami a que sacasen á luz algo do seu próximo capítulo.

Todos eles coas esperanzas de que a saga volvese á calidade dos primeiros capítulos e non frustaran como o Homecoming, e Konami non defraudou cun extenso vídeo gameplay no que podemos ver ao noso protagonista avanzar polos escuros escenarios.

Un bosque, edificios abandonados, néboa…será o resurxir da saga?, a min non me sorprende demasiado, pero tamén é certo que non son moi seguidor da saga.

Así que, xulgade vos mesmos.

A rodaxe do segundo filme de Silent Hill xa está activo, e para demostrarnos que non pretenden converterse nun proxecto secundario amosáronnos as primeiras imaxes que pintan realmente ben.

Como podemos observar,estará ambientada na tereceira parte do videoxogo, e non sei a vós, pero a min estas fotografías “acollóanme” bastante.

Se son honesto, a primeira película de Silent Hill tampouco me pareceu tan mala como pintan por aí (temos que ter en conta que falamos dun filme baseado nun videoxogo), e esta segunda entrega pretende superala en canto a medo psicolóxico.

Non sei vós que opinades, pero a min pícame o verme da curiosidade con este Silent Hill.

Ler o resto da entrada »

Pokemon Hill

Por: Mércores, 2 de Marzo de 2011, 16:11 COMENTAR

Hoxe é un día tranquilo, sen novas relevantes, sen polémicas e absurdas declaracións… e como o día esta nuboso e con zonas de néboas creo que non está demáis presentarvos esta mutación entre os típicos Pokemon e a terríbel saga Silent Hill.

Como non, visto en: Paraíso Friki