PlayStation 4 só soportará ata 4 mandos

Por: Xoves, 5 de Setembro de 2013, 13:00 COMENTAR

dualshock4
Se onte coñeciamos que a Xbox One soportará ata 8 mandos, hoxe fíxose público o número que soportará a nova videoconsola de Sony.

Segundo confirmou Shuhei Yoshida (@yosp), a nova PlayStation 4 soportará ata 4 mandos ao mesmo tempo, tres menos que a súa predecesora, a PlayStation 3.

A pesares de que Yoshida non entrou en detalles sobre esta redución, o escaso número de xogos que teñen soporte para esa cantidade de mandos pode ser un dos principais motivos.

TheLastofUsPoster
Segundo as cifras ofrecidas por Sony, a nova xoia de Naughty Dog acadou a cifra das 3,4 millóns de copias vendidas entre o 14 de xuño (data de lanzamento) e o 3 de xullo, converténdose así na nova franquía máis rápida da historia da PlayStation 3 en acadar esas cifras.

O presidente de Sony Computer Entertainment (SCE), Shuhei Yoshida declarou:

“Estas cifras de vendas son unha proba da exitosa calidade de “The Last of Us”.

“Os equipos de Naughty Dog son auténticos visionarios e as súas capacidades narrativas son inigualables. Este título é unha demostración indiscutible.”

“SCE segue tendo o compromiso de ofrecer experiencias únicas de xogo que redefinen a industria do entretemento interactivo e “The Last of Us” é un exemplo perfecto.”

Por se aínda non o probáchedes, podedes ler a análise que fixemos deste videoxogo recentemente.

dualshock4
Recentemente un usuario preguntoulle ao presidente de Sony, Shuhei Yoshida, se a barra luminosa dos mandos DualShock 4 se podería apagar para aforrar batería. A resposta foi tan clara como breve: Non.

Unha das principais funcións desa barra luminosa é para detectar os movementos co sensor da cámara da PlayStation 4 e permitir aos desenvolvedores mellorar a experiencia de xogo.

sony-e3
Tal e como confirmou Jim Ryan, CEO de Sony Computer Entertainment Europa, nunha entrevista durante o pasado E3 en Los Ángeles, a compañía xaponesa amosará novos títulos durante a celebración da feira xermana Gamescom o vindeiro agosto.

Somos moi conscientes que no evento de febreiro en New York amosamos moito software, sobre todo propio. O que amosamos no E3 foi realmente actualizacións deses xogos e presentamos The Order 1886.”

“Tamén hai moitos outros videoxogos en camiño. Estou seguro que escoitáchedes as declaracións de Shuhei (Yoshida, presidente de Sony Worldwide Studios) que, soamente nos seus estudios, están a traballar en 30 novos videoxogos. 20 deles sairán ao mercado no primeiro ano da PlayStation 4 e 12 son novas franquías, así que temos moitas cousas previstas. Temos a Gamescom para nós os europeos e temos que ter algo que amosar na Gamescom.”

A edición da Gamescom deste ano celebrarase entre os días 21 e 25 de agosto en Colonia, Alemaña. Tamén confirmaron a súa asistencia Microsoft e Nintendo, despois da súa ausencia na edición anterior. Outros estudos que tamén asistirán son Bethesda, Deep Silver, Electronic Arts, Konami, Ubisoft e Warner Bros.