Facía tempo que en Memoria Pixelada non falabamos nada destas adaptacións filmográficas tan “espectaculares” que interrompen a tranquilidade dos gamers a nivel mundial, mais esta mañá chegan, grazas a Hollywood Reporter (unha revista especializada no mundo do cine), o nome das persoas que farán realidade a versión cinematográfica de Shadow of the Colossuss.

Entre os guionistas atópase o director de Chronicle, Josh Trank e o co-guionista de Hanna, Seth Lochhead, mentres que producindo a cinta atópase Kevin Misher (Enemigos Públicos), supervisado por Andy Berman e Kevin Chang.

Eu non sei que pensar, e máis sabendo que o proxecto leva en pé (que non activo) uns catro anos. Incluso se rumoreaba que Justin Marks (guionista de Street Fighter) creara un primeiro borrador.

nos colla confesados ou polo menos con roupa interior limpa.

A primeira vez que escoitei que Sony pretendía lanzar ao mercado unha reedición dos xogos de Team Ico, ICO e Shadow of the Colossus o sangue subíume de temperatura un par de graos polo menos, e máis tendo en conta que xa son practicamente imposíbeis atopalos por separado para a PS2.

No meu caso xa xogara a estes dous títulos na mencionada Playstation 2, mais non me din resistido volvelos a rememorar, e aínda que tiña certo medo que non me namoraran tanto como o fixeran da primeira vez (moitas das cousas que lembramos non son reais), volvérono conseguir…e de que maneira.

Ler o resto da entrada »

Shadow of the Colossus

Por: Xoves, 29 de Setembro de 2011, 17:41 COMENTAR

(Vía: svalts)

Como saberedes Sony sacará a reedición e remasterización de dous grandes clásicos da PS2, o ICO e o Shadow of the Colossus. Estes títulos estarán á nosa disposición o día 30 de outubro, polo que xa está a piques de volver a conquistar os nosos corazóns.

Como é habitual, podemos ver o tráiler de lanzamento desta pequena gran xoia.

Se sodes dos desafortunados que non puidestes desfrutar destes dous videoxogos, facédevos un favor a vós mesmos, e botádelle un ollo.

Xa sabiamos que este ano teriamos nas nosas mans a remasterización de dúas obras mestras (sen exaxerar nin un chisco) da PS2. Estes dous prodixios de videoxogos son criaturas do Team ICO. Obviamente estoume a referir ao ICO e Shadow of the Colossus.

Agora por fin sabemos a data exacta en que poderemos aproximarnos á calquera tenda e adquirir este pack para volver desfrutar de dúas máxicas aventuras, ese día é o 29 de setembro.

Que é o que engaden a maiores? Honestamente penso que é totalmente irrelevante falando de tales videoxogos, mais para a vosa información contarán con trofeos, permitirán 3D estereoscópico, temas para as nosas consolas e material inédito dos dous videoxogos. Unha miseria comparado coa grandeza de ambos os xogos.

Cada vez gosto menos destas remasterizacións (máis que nada porque as compañías aprovéitanse demasiado delas). Mais pensemos un pouco, estamos a falar do ICO e Shadow of the Colossus, sobran as palabras.

O primeiro que vos direi é que nunca fun demasiado seguidor destas versións HD, nas cales na maioría das veces case non se toca o xogo orixinal e cóbrannolo como novo.

Mais neste caso estamos ante algo realmente grande, e non só pola propia calidade dos videoxogos (que é algo incuestionábel) senón porque se fixo un traballo realmente bo nesta revisión HD. É impresionante como se ven estes dous videoxogos, asegúrovolo. Revivir estas dúas aventuras máxicas e todo cun apartado gráfico mellorado e en alta definición ten que ser espectacular.

Para que o vexades cos vosos ollos déixovos os dous vídeos que case me fan mexar por min.

Desfrutade como merecen estas dúas xoias dos videoxogos.