tomb raider 2

Dende que os usuarios puidemos botarlle man a este reboot da saga de Tomb Raider xa demos por sentado que habería secuela, tanta calidade non pode limitarse a un só xogo.

Pois Phil Rogers,CEO de Square Enix en Europa e América acaba de asegurar que xa se está traballando nunha nova entrega de Tomb Raider para as consolas de próxima xeración, é dicir PS4 e Xbox One.

Se non tivestes a oportunidade de xogar a este novo renacer de Tomb Raider correde a por el, se queredes saber os motivos non tedes máis que ler a análise que lle fixemos en Memoria Pixelada.

Un rumor extendido dende xa fai algún tempo é que Mirror´s Edge ía ter secuela. Se recordades, Mirror´s Edge foi unha proposta arriscada na que controlabamos a unha parkcour (ou como se escriba) que saltaba de tellado en tellado realizando recados e enfrontándonos a soldados dispostos a matarnos.

Todo isto dende unha perspectiva de primeira persoa e cun apartado técnico resaltando as cores vivas.

O certo é que o título non vendeu tanto como tiñan pensado, mais aínda así deixou unha marca en todos aqueles que o xogamos, e aínda que Activision aínda non dixo nada oficialmente, na páxina de Frostbite 2.0 aparece como título en desenvolvemento.

Agora só é cuestión de tempo que Activision se pronuncie ao respecto.

Canto pensades que tardará?