san-diego-comic-con
Segundo confirmou Microsoft, os visitantes da Comic Con de San Diego poderán ter a primeira toma de contacto coa súa vindeira videoconsola, a Xbox One.

A exposición, que terá lugar entre os vindeiros 18 e 21 de xullo, contará cun stand de Xbox, onde todo aquel que o desexe poderá probar xogos como o «Ryse: Son of Rome», «Killer Instinct» ou «Dead Rising 3», entre outros.

Ademáis, a compañía de Redmond dará dúas conferencias dunha hora de duración, sobre a creación dos universos da saga «Halo» e como conseguiron recrear o Imperio Romano no «Ryse: Son of Rome» para Xbox One.