Amósovos o mesmo gameplay que xa vimos no E3 pero desta volta cuns minutos engadidos e comentando as posibilidades do próximo título protagonizado por Sam Fisher.

Esta nova entrega continuará os acontecementos de Conviction e se xa no anterior a acción estaba igualada coa infiltración, en Blacklist parece que acontecerá un tanto do mesmo.

Dóeme que se alonxen perigosamente do sixilo puro e duro, mais a verdade é que Conviction era moi dinámico e divertido, e case me atrevo a dicir que Blacklist estará á altura.