the-banner-saga
A compañía King, creadora do popular «Candy Crush Saga» e similares, presentou unha demanda contra o estudo Stoic, polo título do seu novo xogo «The Banner Saga».

Segundo King, o título “The Banner Saga” moi similar aos seus e pode provocar confusión e erros, o que pode provocar danos á súa marca.

Dende o estudo Stoic comentaron:

“Non imos facer unha saga viquinga sen a palabra “Saga” e non lle temos aprecio a calquera que nolo queira impedir.”

“King.com di que non están tentando impedirnos usar “The Banner Saga”, pero a súa oposición legal contra o noso rexistro da marca permanece. Estamos encantados coas mostras de apoio e a honra de que moitos outros están connosco polo dereito de ter a súa propia Saga. Só queremos facer grandes xogos.”

«The Banner Saga» acadou algo máis de 723.000 dólares na súa campaña de financiación en Kickstarter en abril de 2012, superando, con moito, o obxectivo inicial de 100.000 dólares. Para os que non o coñezades, o xogo é un RPG por turnos cunha ambientación viquinga.

Está dispoñible para descargar en Steam para Windows e Mac.

Se hai unha saga que colleitou éxitos nesta xeración esa foi a saga Assassin´s Creed, cinco xogos para as consolas maiores e dúas para portábeis (lights) foron aclamadas polo público dende que saíu e sorprendeu aquela primeira entrega de Assassin´s Creed.

Pois ben, a excepción da última entrega de PS Vita xoguei a todos e cada un dos títulos e o meu interese por eles foi diminuíndo cada vez máis e máis até ser incapaz de chegar ao final destes últimos títulos.

O primeiro Assassin´s Creed paseino pese a todos os seus erros, o segundo recordo xogar moitas horas pero acabar aburríndome, o terceiro xogo apenas xoguei dez horas e o cuarto un tanto do mesmo, e o quinto xogo que chegou fai uns días baixo o nome de Assassin´s Creed 3 probeino un par de horas e moito me da o corpo que non o vou volver a tocar.

Pois despois de ver todas as excelentes críticas que está a recibir esta saga decidín escribir este pequeno artigo enumerando e explicando as cinco cousas que fan que non me guste a saga Assassin´s Creed.

Ler o resto da entrada »

Grande a saga Zelda

Por: Martes, 6 de Marzo de 2012, 18:36 COMENTAR

25 anos de Zelda en media horiña de nada

Por: Luns, 21 de Novembro de 2011, 11:37 COMENTAR

Estamos a celebrar os 25 anos de Zelda, dende aquela aventura do 86 até a última entrega para Wii, a cal aínda estamos desfrutando da súa saída. Con isto só era cuestión de tempo de que aparecese unha homenaxe en forma de vídeo resumo, e aquí está, nada máis e nada menos que 28 minutazos que rescatan algúns dos momentos máis representativos de todos os videoxogos desta Lenda.

É unha perfecta mameira de observar a constante evolución de Link ao longo dos anos.

Poucos xogos conseguen sobrevivir tantos anos entre nós e seguindo facernos pasar grandes momentos, pero The Legend of Zelda é un deses nomes.

Un dos responsábeis de Bioware respondeu a unha serie de preguntas relacionadas, como non, sobre o seu próximo Mass Effect 3.

As respostas foron esperanzadoras para todos aqueles que desfrutamos desta serie de videoxogos galácticos. Porque o Mass Effect 3 será un final épico para a triloxía do comandante Shepard, mais non será o encerramento definitivo da saga Mass Effect.

As súas palabras concretas foron:

“Non, non será o final do universo Mass Effect. Temos planos ambiciosos para continuar esta franquía. O Mass Effect 3 é ao mesmo tempo dúas cousas moi diferentes: Unha conclusión épica á triloxía, como prometemos aos fans que lles dariamos para o Comandante Shepard, e ao mesmo tempo un novo comezo. Será o punto de entrada para novos seareiros neste novo comezo.”

Alén disto, tamén mencionou que Shepard non aparecerá en futuras entregas do Mass Effect.

Xa sei que estades a pensar que queren explotar unha saga tan rentábel como esta, mais que queredes que vos diga? Mentres continúen a facer xogos desta cualidade, por min que non paren.

Vía: 3DJuegos