Criterion Games pensa en Burnout Paradise 2?

Por: Luns, 28 de Xaneiro de 2013, 16:55 COMENTAR

Como sabedes a excelente compañía Criterion Games, creadora da impresionante saga de condución Burnout, deixouna a un lado para poñerse aos mandos de Need for Speed, de Electronic Arts.

O resultado foi tan bo como cabía esperar para unha desenvolvedora deste calibre, pero un tweet do director creativo de Criterion Games fáinos crer que existirá unha segunda entrega de Burnout Paradise.

Se existise unha nova entrega de Burnout, que vos gustaría ver nela?”

Esta foi a pregunta que lanzou aos seguidores, polo que nos da a supoñer que pensan seriamente nunha nova entrega desta frenética saga.

Os rumores sobre a chegada da nova xeración en breves aínda non están confirmados, mais parecen o suficientemente fortes como para crear rumores sobre como serán estas consolas.

O primeiro rumor tráeo CVG, dicíndonos que Sony podería abandonar o deseño do Dualshock para arriscarse cun mando completamente novo.

Os rumores falan dun pad con sensores biométricos e pantalla, cos cales leva traballando Sony uns seis meses sen descanso.

Se recordamos, coa chegada da PS3 tamén se creou un rumor deste tipo que finalmente quedou en nada, con este só é cuestión de tempo saber se é verdade.

O tema ponse cada vez máis serio, porque os rumores sobre que a próxima xeración de consolas está a caer multiplícanse día a día.

A última en lanzar un comunicado foi a revista GameInformer, a cal asegura que a próxima PS4 e Xbox 720 serán presentadas nun evento especial, moi preto da Game Developers Conference, feira de desenvolvedores que se celebra do 25 ao 29 de marzo na cidade de San Francisco.

A publicación menciona ter escoitado ás dúas compañías ofrecer conferencias de prensa para presentar as súas novas consolas.

De ser así, podemos dar por feito que no E3 veremos os primeiros xogos da nova xeración.

Non sei se este rumor é certo, mais o que si é verdade é que cando os rumores son tan numerosos será porque algo se coce, e deste ano non pasa de coñecer as novas máquinas de Sony e Microsoft.

Descansando,descansando,descansando...

O terror apoderouse de todos aqueles que esperamos este videoxogo cando Fumito Ueda dixo que abandonaba Sony deixando The Last Guardian sen rematar.

Para calmar a marabunta que creou este feito Sony saíu á palestra para dicir que Fumito Ueda non traballaba en Sony pero seguía vinculado á creación do mencionado videoxogo, implicándose no seu desenvolvemento.

Pero este xogo non consegue saír dos rumores sobre un posíbel cancelamento, polo que un dos seus responsábeis dixo isto nunhas declaracións:

O proxecto vai progresando, pero moi lentamente, xa que plasmar a visión de Fumito Ueda nun videoxogo está sendo un verdadeiro reto para os desenvolvedores. Deste xeito tiramos e refacemos cousas, de aquí que nos tomemos tanto tempo, pero segue sendo un proxecto moi importante.

The Last Guardian, un título tan esperado e ao mesmo tempo con tantos rumores de cancelamentos que sufríu ao longo da súa creación, e agora que sabemos?, pois que parece que o proxecto continúe con vida, pero nada de datas de saída polo de momento.

Primeiro tranquilicémonos, só é un rumor, pero imaxinade por un momentiño que isto que cada vez colle máis forza é verdade, e na próxima feira do E3 Nintendo aparece cun cacharro debaixo do brazo que rise na cara das súas competidoras Xbox 360 e Playstation 3.

GameInformer foron os primeiros en falar disto, dicindo que xa se estaba a especular nunha consola que movía gráficos HD superiores ás consolas actuais de sobremesa, e incluso que o prototipo xa se amosara nalgunhas “third parties”.

Coincidindo co rumor da rebaixa de prezo da Wii, xa se fala que será presentada no E3 deste ano, e sacada ao mercado en calquera día do 2012.

Canta fiabilidade hai nisto?, polo de agora non o sabemos, pero eu teño un puntiño de esperanza en que Nintendo se dese de conta que o camiño “casual” non é o axeitado e pretenda recuperar a todos aqueles usuarios e xogadores que fixeron de Nintendo o que realmente é.

Veña Nintendo,asegúroche que se fas isto fago como se esta xeración da Wii nunca existise.

Kojima podería presentar dous novos xogos no E3

Por: Mércores, 23 de Marzo de 2011, 15:07 COMENTAR

Pasándome por Anaitgames atópome de fronte cun rumor que atinxe o creador de Metal Gear, xa que parece ser que para o próximo E3 que se celebrará a principios de xuño, anunciará dous títulos novos.

Até o de agora sabemos que Kojima traballa nun proxecto que denominou Devil Project, pero pouco máis se sabe del, ou mellor dito, nada.

Outras persoas falan que Hideo Kojima baralla outro Metal Gear Solid e incluso unha nova entrega de Zoe of Enders. Canto haberá de certo nisto?

Personalmente penso que cos enormes beneficios que lle supón a saga MGS, xa me extraña que non anunciaran algo sobre a súa quinta entrega, pero tempo o tempo.

En fin, en palabras de PS3Center:

O mestre dos MGS Hideo Kojima ten algúns anuncios ben gordos por facer no E3 de xuño: un é un paso case lóxico nun xogo existente, e o outro… bueno, sorprenderíanos se MGS5 non aparece sobre a mesa nalgún momento. Ou debaixo. Nunha caixa“.

Sacade as vosas propias conclusións.

E aquí aparece o rumor da semana ou de todo o mes, porque dende a páxina oficial de IGN aparece un usuario anónimo (aparentemente fiábel) que solta a seguinte perla:

“No que respecta a gráficos, a PSP2 é unha “bestia”, acumulando hardware de procesamento suficiente para xerar gráficos comparábeis aos primeiros xogos de PlayStation 3. O procesador, polo que nos dixeron, é algo máis da metade de potente que o de PS3, aínda que a arquitectura específica dos núcleos e a velocidade de reloxo non foi revelada.”

Como vedes,parece que a estratexia que levará Sony coa segunda parte da súa portábel será idéntica á predecesora, é decir, unha potencia moi superior a calquera portábel do mercado. Tamén é certo que nesta xeración a Nintendo DS comeu sen ningunha dúbida á PSP, pero polo menos esperemos que deste xeito non se centren exclusivamente nos casual-gamers.