ffvii-remake_2

Final Fantasy VII, despois de tantos anos despois do seu lanzamento aínda é nova a día de hoxe.

O rumor sobre a posibilidade dun remake actual camiñou por toda a rede ilusionando a tantos fans, mais foron Motomu Toriyama e Yuji Abe (director e deseñador de Lightning Returns:Final Fantasy XIII) quenes negaron este feito.

Polo que parece afrontar un proxecto destas características suporía un custo moi elevado para realizalo correctamente, xa que un remake deste clásico conlevaría redefinir e cambiar practicamente todo, polo que sería moi parecido a crear un xogo novo.

Remataron por comentar que aínda que existe interés en Square Enix por afrontar este proxecto, de momento a compañía nipona non vai a dar luz verde a esta produción a curto prazo.

Infamous

Un dos responsábeis de Sucker Punch amosouse confuso e nervioso cando lle preguntaron se a saga podería chegar á portábel de Sony:

Agora mesmo só vamos falar sobre o xogo de PS4. Encantaríame contarvos algo sobre calquera xogo de Vita cando…

…ou se algunha vez acaba sucedendo.

Os xestos de confusión e de como se lle escapara algo que non debía dicir están aí, mais de isto a ser unha realidade hai un treito. Agardemos máis novas.

Rumores: A PS4 podería saír o 21 de outubro

Por: Mércores, 14 de Agosto de 2013, 15:15 COMENTAR

ps4 accesorios

Sobra aclarar que sempre que a palabra “rumor” apareza, debemos ter moi en conta que a información pode ser tan falsa como un carballo submarino, mais un último rumor afirma que o día de lanzamento da Playstation 4 sería o 21 de outubro.

Este rumor provén das declaracións dun empregado dunha empresa minorista de productos electrónicos, o que afirma que que recibiron o calendario de lanzamento de Sony:

O noso calendario de lanzamento interno da oficina central deixou caer onte que o 21 de outubro será o momento de lanzamento dunha consola de Sony sen nome.

Non teño ningún tipo de conexión directa con Sony nin información de primeira man, só que onte recibimos esta información na nosa sede.

Estos horarios son só de uso interno, deseñados para permitirnos abordar con tempo plans de publicidade coas tendas.

Volvo insitir no coidado que debemos ter con este tipo de información, mais de ser así tiraría polo chan a idea de lanzamento para finais de novembro ou principio de decembro.

Seguiremos informando.

Xogos de PS4 a 99.99$?

Por: Xoves, 23 de Maio de 2013, 15:50 2 COMENTARIOS

wathdogps4precio

Non gañamos para disgustos nestes días, e se a Xbox One non está a gustar á comunidade de xogadores (non me sorprende en absoluto), agora volvemos botar ás mans á cabeza a causa dun rumor.

A tenda Amazon púxolle prezo aos títulos de PS4, concretamente a Assassin´s Creed 4:Black Flag, Thief e Watch Dogs, e isto non sería nova se non fose polo prezo desorbitado: 99.99 dólares.

Obviamente non hai nada confirmado, pero debemos ter en conta que Amazon é unha tenda suficientemente importante como para, como mínimo,ter medo deste rumor.

Esperemos que finalmente só quede nun susto. Seguiremos informando.

Grazas a unha oferta de traballo lanzada por Microsoft na súa bolsa de emprego podemos saborear este rumor que tanto gusta aos gamers, sobre todos aqueles relacionados co lanzamento da próxima xeración e da súa potencia.

No día de hoxe xa é incuestionábel que a Xbox 720 (ou como se chame finalmente) xa se está desenvolvendo, polo tanto calquera palabra saída de Microsoft pode estar dedicada a este lanzamento.

As palabras exactas de Microsft son:

Durante os próximos 18 meses Microsoft lanzará novas versións dalgúns dos nosos productos máis significativos, incluíndo Windows (Client, Server, Phone e Azure), Office e Xbox, ademáis de cousas completamente novas como Microsoft Surface.

Esta ola de lanzamento de productos van definir o curso da compañía para os próximos anos, e isto proveeranos dunha oportunidade sen precedentes de refrescar e evolucionar as nosas marcas con maior valor estratéxico.

En todo este pack é posíbel que se refiran á Xbox para Windows 8 pero non resultaría extraño que Microsoft esté a falar indirectamente da súa próxima videoconsola.

Visto en Anaitgames

Será este o prezo da Wii U?

Por: Mércores, 7 de Decembro de 2011, 15:38 4 COMENTARIOS

É curioso como antes de que Nintendo faga oficial o verdadeiro prezo da súa Wii U, unha tenda francesa de Carrefour xa anunciou que a poden reservar e con prezo final e todo.

E a que prezo está nesta tenda?, pois a 450.20€, tócate un collón e parte do outro.

Está claro que é tan só un rumor, e que pode ser que esta tenda con alardes publicitarios colocase esta cifra aleatoriamente, pero se fose certo paréceme un prezo descomunal, tendo en conta as especificacións técnicas que a propia Nintendo nos facilitou. Porque sexamos honestos, estamos ante unha Wii con algunha lixeira modificación e un cambio de mando (que aínda estou decidindo se será para ben ou para mal).

O certo é que Nintendo xa debería ter aprendido a lección coa 3DS, e se non queren que as súas accións volvan andar polo chan, a Wii U non debería sobrepasar os 300€.

Podería existir un Smash Bros de Sony?

Por: Luns, 28 de Novembro de 2011, 13:08 COMENTAR

Un rumor interesantísimo aparece na rede da boca dun tal Paul Gale, que cada vez ofrece máis detalles sobre un posíbel proxecto baixo o nome de Title Fight, e que sería a versión de Smash Bros pero cos personaxes de Sony.

Aparentemente (recordemos que estamos ante unha faladuría), o xogo traería personaxes como Kratos, Nathan Drake, coronel Radeck (Killzone), Sly Cooper até o paiaso tolo de Twisted Metal.

Se isto é certo, moito me extrañaría que non saise un título ridículo por tan extravagante clasificación de personaxes. Moito traballo terían que facer os seus creadores, moito traballiño…

Desde onte hai un vídeo que leva dando moito que falar nos foros dedicados aos videoxogos. Aparentemente existe un teaser tráiler sobre a sexta entrega da famosa saga de zombies Resident Evil.

Uns din que está feito por seareiros (eu tamén o creo), outros afirman que foi confirmado por Capcom como teaser real, algúns xornalistas falan que o xogo non se viu en ningún estante da feira do Tokyo Game Show…

En fin, toda unha serie de comentarios que non nos aclaran nada, mais eu son dos que penso que este vídeo que vos mostro non pode ser creado pola Capcom. Fáltalle calidade, ou isto é a miña opinión.

Como sempre, a vosa opinión é a que conta.

Sen ser nada oficial os primeiros datos dicíanos que a nova portábel da Sony podería ver a luz no primeiro trimestre de 2012, mais iso era até o de agora xa que un novo rumor afirma (un rumor pódese afirmar?) que a PS Vita chegará ás tendas o 28 de outubro, bastante antes do esperado.

E quen filtrou esta nova? Pois a empresa do Reino Unido Blockbuster sacou á luz unha listaxe dos futuros lanzamentos deste ano entre os cales se atopan dúas versións da PS Vita.

Supoño que sobra aclaralo, mais estamos ante un rumor, xa que Sony non fixo ningún comunicado ao respecto. Nas vosas mans está acreditar ou non.

Que opinades?

Por suposto todo son faladurías, contos que viaxan de boca en boca, e o que toca rumorear nesta etapa é que o bo de Nathan Drake podería meterse noutro dos seus problemas no máis abrasador sol do deserto.
Como xa dixen, esta teoría non se basea en nada, pero despois de húmedos escenarios e cobas escuras non estaría mal que Drake cambiase un pouco de escenarios e se enfrontase ás zonas áridas.
Exipto?, estaría ben.
Polo de agora só digo isto para que non pensedes que nos esquecemos deste protagonista que tanto lle gustan os cus das súas compañeiras.
Esperemos que pronto teñamos máis e mellor información.