Como non perderte nunca nun RPG

Por: Mércores, 26 de Xuño de 2013, 13:40 COMENTAR

direccion-RPG

Moito máis fácil e efectivo que andar a usar mapas e compases.

Fonte | Dueling Analogs

Ao tempo que chegan a nós a diario novos detalles sobre Mass Effect 3 e o inminente MMO “The Old Republic”, a numerosa comunidade de fans de Bioware fai ferver os faladoiros da rede polas especulacións ante o pouco que se puido ver do novo proxecto, que será o primeiro dos novos estudos da compañía.

Aínda que son apenas un par de segundos perdidos nun tráiler publicitario, neles podemos distinguir unha colisión de vehículos nun entorno que non parece moi distante ao dos shooters que actualmente arrasan no mercado. Outras fontes sinalan a posibilidade da ambientación nun inminente futuro post-apocalíptico, pero aínda que nada se sabe de certo sobre o xénero e ambientación do xogo, ninguén parece dubidar que os breves segundos que puidemos ver confirman unha estética atípica no que viña sendo o canon da compañía que popularizou un particular e persoal formato no rol contemporáneo.

Agora todo apunta á data do 10 de decembro, cando a gala dos VGAs que será emitida en Spike Tv deixe ver o tráiler completo.

Anuncio do novo xogo de Bioware.

Parece un trabalinguas si, pero detrás deste pésimo nome atópase a próxima obra de Square Enix. Entón xa imaxinades que traza terá este título, non si? Pois esquecede o que tendes na mente, porque neste caso non será un xogo de rol clásico.

Theatrhythm será un xogo musical para a 3DS (si, como escoitades) que contará coa música da saga e con personaxes xa habituais como Lightning ou Cloud.

Segundo parece avanzaremos por masmorras e zonas abertas, e todo isto nunha perspectiva lateral. Por outro lado a xogabilidade estará centrada no ritmo e teremos que tocar a pantalla táctil en función disto.

Como é normal polo de agora non temos nin prezo nin data de saída, pero veremos como lle sae a xogada a Square Enix cun título tan arriscado.

Mass Effect 3 vaise para o 2012

Por: Xoves, 5 de Maio de 2011, 12:43 1 COMENTARIO

Despois da resaca alegre por saber que máis ou menos pronto poderemos ter o The Darkness 2 nas nosas mans, baixamos as nosas emocións ao saber que un dos mellores xogos deste ano vaise para o 2012.

Efectivamente, Mass Effect 3 que nun principio sairía neste ano, retrásase até o primeiro trimestre do 2012.

Motivos?,aquí as palabras de Casey Hudson, Productor Executivo da saga.

Mass Effect 3 lanzarase nos primeiros tres meses de 2012. O equipo de desenrolo estase centrando en facer que Mass Effect 3 sexa o máis grande, mellor e máis destacado xogo de toda a serie, asegurándose que supera as expectativas de todos.

En fin,tocará esperar para volver a controlar a Shepard e compañía na súa máis grande aventura,ou iso espero.

Ler o resto da entrada »

Novo vídeo de Ni no Kuni para PS3

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 8:45 COMENTAR

Un dos mellores xogos de rol para PS3 e Nintendo DS volve reaparecer no panorama cun novo vídeo no que volve deixar patente o seu preciosista acabado técnico.

Por qué digo que Ni no Kuni vai ser un dos mellores?, pois porque os que están detrás desta nova obra non son outros que os sempre xeniais Level 5.

No seguinte vídeo podedes aprezar a singular beleza dos gráficos, como se desenvolverán os seus combates e parte do seu Making off, que aproveitarán mellor todos aqueles que se defendan co xaponés.

http://www.youtube.com/watch?v=xsuyN9EJD2A&feature=player_embedded

O rumor que saíu hai unhas semanas acábase de confirmar estes días.

Final Fantasy XIII-2 terá unha continuación en forma de segunda parte. Con recordar un pouco, saberemos que a décima terceira parte de Final Fantasy xa provocou moitas discusións, e con razón.

Ler o resto da entrada »

Tráiler de Two Worlds 2

Por: Luns, 25 de Outubro de 2010, 9:59 COMENTAR


Moitos compararon este xogo de rol co propio Oblivion, pero aínda que a comparación non é precisamente a máis adecuada os creadores de Two Worlds brindáronnos hoxe cun tráiler en formad e cinemática bastante especatacular.

Orcos,humanos e seres de ciencia fición sacados (ou parece) directamente da mente de Tolkien para crear un xogo de rol que aínda que non recibe o apoio masivo dos xogadores (como fan con outros títulos), quere facerse un oco nos xogos de rol-acción.

Veremos en que remata todo este belicismo de ciencia fición.