gtav
RockStar publicou na rede este novo tráiler do Grand Theft Auto V que emitirán o vindeiro domingo durante a emisión do novo episodio da popular serie Breaking Bad.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360.

gtav

Despois de que onte mesmo a esperada quinta entrega da saga Grand Theft Auto entrase en fase “gold”, é dicir, que o seu desenvolvemento rematou por completo e agora só queda fabricar o soporte físico e distribuílos, Rockstar leva o primeiro desgusto, unha filtración na PSN Europea.

Algúns usuarios que tiñan feita a reserva dixital do título tiveron acceso a certos contidos do videoxogo o que non tardaron en desvelalos en determinados sitios da rede.

Sony apresurouse a retirar este arquivo de reserva mais a filtración xa se producíu e a posibilidade de que nos desvelen “spoilers” pola rede segue aí.

Un gran fallo que despois de tantos anos de desenvolvemento Rockstar non se debería permitir. Polo de momento quedémonos coa parte positiva, o 17 de setembro xa está moi preto.

gtav
A compañía RockStar publicou na súa páxina web unhas animacións onde podemos ver con detalle tres novos modelos deportivos que atoparemos no novo «Grand Theft Auto V».

Como adoita acontecer na maioría de entregas desta saga, os coches teñen unha enorme similitude con modelos da vida real, pero por cuestións de dereitos, están modificados o xusto para evitar problemas legais. Así, atopámonos co Benefactor Feltzer(que lembre moito a certo Mercedes), o Obey Tailgater (moi similar a un modelo de Audi) e o Coil Voltic (alguén dixo Lotus Exige?).

Podedes botarlle un vistazo na páxina de RockStar Games.

gtav
Coñecido como «Grand Theft Auto Online», a compañía RockStar preséntanos neste novo tráiler o modo multixogador da vindeira entrega da saga, o «Grand Theft Auto V».

Misións cooperativas, carreiras e outras moitas actividades que poderemos facer pola nosa conta ou co apoio dos nosos amigos. Tamén incluirá un editor co que poderemos crear as nosas propias misións e carreiras e compartilas despois cos amigos, aumentando así a experiencia de xogo.

O lanzamento do GTA V está previsto para o vindeiro 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360, mais o modo online non estará dispoñible ata o 1 de outubro

Anunciando o «GTA V» ao grande

Por: Xoves, 15 de Agosto de 2013, 13:00 COMENTAR

anuncio-gtav

Carteis promocionais colgados nun edificio de L.A.

Vía | Imgur.com

GTA-5-setembro

Sen dúbida un dos xogos que máis está dando que falar estes días é o Grand Theft Auto 5, e como non podía ser doutro xeito, día a día van deixando caer pingas de información co afán de emocionar aos usuarios.

Hoxe foi Leslie Benzies, presidente de Rockstar North, quen aclarou que o ritmo do GTA 5 será moito máis intenso que os anteriores:

Penso que a estratexia dos anteriores GTA eran no momento correcto para as historias que queriamos contar, mais non para este momento. A día de hoxe queremos sorprender á xente con misións moi intensas dende o comezo. O ritmo do xogo é moito máis rápido que en calquera dos anteriores.

Xa dende o comezo queremos amosar todas as nosas mecánicas de xogo creando intensa acción. Os tres protagonistas do xogo xa levan tempo vivindo na cidade, non son xente nova como Niko ou Tommy Vercetti. Estes xa teñen os seus contactos, están integrados e teñen vidas ocupadas…

Estas características deberían darlle á xente un sentido inmediato de inmersión total.

Polo que parece vamos estar diante dun dos grandes desta xeración, conha dinámica máis áxil, acción dende o primeiro momento e como sempre, un enorme mundo por descubrir.

Por se aínda non vistes o gameplay de GTA 5, déixovolo para que o desfrutedes.

gtav
Rockstar acaba de publicar un novo tráiler con imaxes ingame do vindeiro «Grand Theft Auto V» onde nos fan unha breve presentación das características que incluirá o xogo.

O lanzamento está previsto para o 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360.

gtav
RockStar responde a algunhas das dúbidas plantexaron plantexadas polos usuarios na súa páxina web.

Os detalles que máis cabe destacar son: as diferenzas gráficas entre as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 serán mínimas, precisará de 8 GB de instalación no disco duro de ambas as dúas videoconsolas e a versión para Xbox 360 virá en dous discos, mentres que a versión para PlayStation 3, só constará dun disco.

Ler o resto da entrada »

gtavmap
Como en cada lanzamento dun videoxogo, as compañías tratan de facernos ver, por riba de todo, os seus puntos fortes (deixando a un lado os seus puntos febles, evidentemente). Como non, no caso do Grand Theft Auto V, RockStar non é unha excepción e un dos puntos que máis destacan é o tamaño que terá o mapa do xogo.

O problema nestes casos é que por moito que nos digan as dimensións, un non se fai unha idea real do tamaño. Foi por iso que a alguén se lle ocorreu aproveitar as vantaxes do servizo de mapas de Google, Google Maps, superpoñendo enriba unha imaxe do mapa do GTA V, para así poder ver o seu tamaño levado á vida real. Tamén podemos comparar o tamaño do mapa da entrega anterior, o GTA IV.

Sirva como exemplo de referencia que o mapa do GTA V terá un tamaño similar ao da cidade de A Coruña ou Vigo, mentres que o mapa do GTA IV tiña un tamaño similar ao da cidade de Ourense ou Santiago de Compostela, por exemplo.

Podedes comprobalo vós mesmos nesta páxina.

Max Payne 3 chegará a Mac o 20 de xuño

Por: Mércores, 19 de Xuño de 2013, 13:30 COMENTAR

max payne 3 1Un ano despois de que Max Payne 3 chegase á Xbox 360, PS3 e PC, o próximo vinte de xuño aterrará na plataforma Mac.

Portada de GTA V

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 13:26 COMENTAR

portada gta 5Rockstar sempre anuncia os seus GTA de maneira curiosa e pola quinta entrega enviaron a dous expertos en facer graffitis a realizar o que máis que probábel será a súa carátula.

gta-v-details-revealed-rockstar-0
A compañía Take Two segue loitando contra as estafas que certas páxinas levan a cabo prometendo ofrecer acceso á versión beta do Grand Theft Auto V. Despois de conseguir pechar o mes pasado getgtavbeta.com e betagtav.com, agora está traballando contra as páxinas gta5betacode.com e grandtheftauto5beta.com.

Ambas denuncias, como as dúas anteriores, xa están nas mans da WIPO, e polos precedentes coas dúas sentencias anteriores, todo parece indicar que o veredicto destas outras será o mesmo, e os dominios pasarán a ser propiedade da compañía demandante.