Pois si, o próximo proxecto da SEGA será un título para a 3DS . O seu nome completo será (ponde atención), Rhitmic Phantom Thief R: Inheritance of the Emperor Napoleon, que traducido sería algo como O ladrón fantasma rítmico R: A herdanza do imperador Napoleón. Trátase dunha aventura musical en que encarnaremos un ladrón e axudarémoslle a roubar certos artículos de valor.

Como se desenvolverá a aventura? Deberemos premer os botóns da 3DS no momento adecuado (mesmo empregar o sensor xiroscópico).

Parece ser que a compañía xa conta co apoio de varios compositores de videoxogos, polo que a selección musical pode ser todo un acerto.

Á parte aseguran que o título xa se encontra a 50%, de modo que esperamos ter novas deste videoxogo relativamente cedo.

Eu xa estou a agardar un gameplay para ver concretamente como se desenvolverá, e con que sexa a metade de divertido que o Elite Beat Agents, xa me conformo.