Este xogo está dividindo á comunidade de xogadores, por un lado están os que agradecen este cambio de temática na saga e por outro, os que castigan a inexistencia de infiltración.

Se es dun lado ou doutro, o que non se poderá negar é que o paso Metal Gear Solid: Revengeance polo E3 e GamesCom foi decepcionante.

Así, Platinum Games lanza agora este novo tráiler que amplía un chisco o visto nestas dúas feiras. Pouquiño a pouco imos vendo algunhas cousas novas, mais non acaba por convencerme completamente.