Dous meses antes de que saíse a 3DS:

(Barullo de fans): Bla, bla, bla, bla… que ben van saír dous Resident Evil para a 3DS, bla, bla,bla, dous Resident Evil tío, bla,bla, bla…

Dous meses despois de que saíse a 3DS:

(Barullo de fans): Bla,bla,bla, pero que trapallada é este Resident Evil: Mercenaries, pero que é isto… bla,bla,bla… e a isto chámanlle Residen Evil?…

Agora só queda un dos dous Resident Evil que ía saír, a nosa gran esperanza despois do prototipo anterior, o Resident Evil: Revelations, e aínda que non confío demasiado neste xogo, quero ser algo positivo (sempre hai que ser positivos), e despois de ver o seguinte vídeo, atrévome a dicir que pode saír algo bo.

Polo menos sabemos que teremos unha aventura de verdade (mellor ou peor), cos bechos típicos de Resident Evil (o certo é que son típicos despois da cuarta entrega) e unha atmosfera bastante agobiante.

Esperemos ver o Resident Evil que todos esperamos.

Un resumo de Assassin´s Creed

Por: Martes, 15 de Novembro de 2011, 15:51 COMENTAR

Como saberedes acaba de saír o cuarto capítulo da famosa saga Assassin´s Creed, pero se vos quedastes con algunha lagoa con referente ao argumento, non vos preocupedes, porque Ubisoft acaba de lanzar un vídeo que resume perfectamente o guión dos videoxogos de Assassin´s Creed.

Por suposto, o vídeo está cheo de spoilers enormísimos, así que se aínda non xogastes aos capítulos e tedes pensado facelo, non vos recomendaría o seu visionado, máis que nada para non chafarvos o argumentos.

Pero vós decidides.

No E3 tamén amosaron un vídeo con gameplay do próximo Assassin´s Creed, e para min, volvemos a ver máis do mesmo.

Móstrannos un Ezio moito máis vello e canoso, pero que non perdeu ningunha das cualidades que o fixo famoso, como escalar calquera superficie ou pelexar contra varios protagonistas. Ademáis, como se pode comprobar no vídeo, verémonos en situacións bastante espectaculares, como incendiar barcos como se fosen de papel e tentar escapar do propio incendio.

Pero a min ségueme sen convencer, xa que como continúe na mesma línea que os anteriores váiseme facer moi lento e aburrido. Non digo que haxa misións (como a que vemos) que sexan divertidas, pero case estou por asegurar que non todas van ser así…

Sempre o dixen, na miña opinión a esta saga fáltalle dinamismo. Veremos nesta entrega.