No pasado Game Awards, Nintendo anunciou que o novo videoxogo da saga The Legend of Zelda para a súa consola de sobremesa sairía a finais do 2015. Pero agora Nintendo vén de publicar nas súas redes sociais un video de Eiji Anouma, produtor de The Legend of Zelda para a Wii U, en que explica que xa non é unha prioridade que o xogo saia no 2015, a súa prioridade agora é rematar un bo xogo, polo que é probábel que saia no 2016.

Anouma explica que están a facer un xogo cunha liberdade de exploración sen precedentes nun xogo da saga, o que fai que pensen en novas posibilidades que non tiñan contempladas desde un comezo. O produtor cre que o xogo ten un potencial enorme que mesmo excede as súas propias expectativas e queren facelo o mellor posíbel, polo que a data de lanzamento xa non é unha prioridade. A nova prioridade é facer un xogo completo.

Aos fans da saga seguro que non llesimporta demasiado o atraso e son quen de agardar polo xogo, se é para que estea ben rematado con todo o que Eiji Anouma promete.

Cando sairá?

Como saberedes, unha das boas novas que recibimos no descafeinado E3 deste ano foi que Konami lanzaría os seus videoxogos de Metal Gears Solid en alta definición.

Até aquí todo ben, mais o problema surxe no grande atraso (aínda que sexa un rumor) que acaba de sufrir estes días. Teoricamente esta recompilación ía saír en novembro, e agora parece ser que teremos que esperar até o segundo trimestre de 2012.

Que está a acontecer con este proxecto? Porque Konami aínda non se pronunciou ao respecto ante un atraso tan enorme. Non sei, non sei, mais non creo que sexa moi bo isto… (por moi lóxico que pareza).

Continuaremos a informar sobre esta colección e veremos como remata.

Comezamos o día con entre malas noticias e as moi malas noticias, dependendo se xogaches á primeira entrega de The Darkness. Os que xogamos e desfrutamos como xabarín entre o millo do The Darkness sabemos que temos motivos para nos pórmos tristes, porque como consiga ser tan divertido como foi o seu predecesor, estaremos ante un grande lanzamento.

O título que estaba previsto para este outubro foi atrasado até 2012, concretamente no 10 de febreiro. 2K non mencionou os motivos aparentes pero podemos imaxinar que será polo de sempre, “puír detalles”.

A propósito, tamén se comeza a rumorear polas redes que poderá haber unha versión para a Wii U. Mais como xa dixen, polo de agora só son rumores.

Mass Effect 3 vaise para o 2012

Por: Xoves, 5 de Maio de 2011, 12:43 1 COMENTARIO

Despois da resaca alegre por saber que máis ou menos pronto poderemos ter o The Darkness 2 nas nosas mans, baixamos as nosas emocións ao saber que un dos mellores xogos deste ano vaise para o 2012.

Efectivamente, Mass Effect 3 que nun principio sairía neste ano, retrásase até o primeiro trimestre do 2012.

Motivos?,aquí as palabras de Casey Hudson, Productor Executivo da saga.

Mass Effect 3 lanzarase nos primeiros tres meses de 2012. O equipo de desenrolo estase centrando en facer que Mass Effect 3 sexa o máis grande, mellor e máis destacado xogo de toda a serie, asegurándose que supera as expectativas de todos.

En fin,tocará esperar para volver a controlar a Shepard e compañía na súa máis grande aventura,ou iso espero.

Ler o resto da entrada »