resident_evil_hd_remaster-2684342

Resident Evil Remastered HD, un dos xogos máis agardados do comezo do vindeiro 2015 podería non ser o derradeiro xogo da saga que teña unha versión en HD.

Os rumores acerca desta nova versión nacen no intre no que Capcom publicou unha imaxe promocional na que se podía ver o icono do Resident Evil Zero.

Capcom nin confirmou nin desmentiu nada acerca do tema, polo que, polo de agora, todo queda nun rumor.