Análise de Resident Evil 6

Por: Domingo, 4 de Novembro de 2012, 16:17 COMENTAR

Baila unha muiñeira ou disparo

Cando unha fórmula funciona hai que sabela manter, é certo, mais tamén hai que saberlle introducir os suficientes cambios como para que o xogador non sinta que está xogando ao mesmo cunha interface diferente.

Isto é exactamente o que lle aconteceu á sexta entrega de Resident Evil, unha saga que dende fai dous capítulos emprega unha xogabilidade moi diferente aos Residentes do Demo iniciais, unha xogabilidade que trouxo grandes alegrías na cuarta entrega e que se soubo manter na quinta, acción en terceira persoa en busca das situacións máis espectaculares.

Ben é certo que Resident Evil 6 intenta seguir calidade dos antecesores, pero sen considerar que sexa un xogo para o esquezo, segue unha liña de xogo demasiado sinxela e que non chega a sorprender.

Ler o resto da entrada »

A sexta entrega de Resident Evil chegará ás tendas o 20 de novembro baixo unha xogabilidade propia das últimas entregas e que tan bo resultado deron.

Leon volverase enfrontar a un virus mutante nuns escenarios que se aproximan máis o urbano que o rural e que prometen unhas escenas totalmente espectaculares.

Así neste novo tráiler podemos observar algunhas destas escenas, novos personaxes, novos movementos do protagonista…

http://www.youtube.com/watch?v=18UcLAj0q8Y&feature=player_embedded