E volveume dar a mesma sensación que os anteriores vídeos. É dicir, gostei. A velocidade do ourizo azul volve renacer, e con el volven as esperanzas dos seguidores do Sonic. Aos poucos vamos vendo diferentes escenarios e unha variedade de situacións é moi ampla.

Se todo vai ben, o 4 de novembro saberemos quen ten razón entre AmilGZ e eu. Será outro xogo frustrante do Sonic, ou volveremos ver o ourizo renacido?

O presidente da Nintendo, Saturo Iwata volveuse pór ao dispor da prensa para resolver dúbidas. Nesta ocasión volveu reafirmarse no que xa dixo anteriormente e ninguén creu: Que a Wii U sería unha consola que recuperaría a confianza perdida polos xogadores máis tradicionais.

Como saberedes, mesmo o creador de Mario e Zelda (Shigeru Miyamoto) recoñeceu que a Wii foi vendida para xogadores “casual”. O feito de deixar atrás a alta definición e un apoio a videoxogos máis sinxelos, chafalleiros, ruíns, ou cantos sinónimos queirades, non axudou demasiado.

Deste xeito, a idea Iwata será volver captar a atención de todos aqueles que medramos coa NES, pasamos centos de horas coa SNES e ficamos medio choscos coa Nintendo 64. Ou por dicilo doutra maneira, de captar a atención de todos aqueles xogadores que fixeron da Nintendo o que é hoxe en día.

Por un lado encántame escoitar estas palabras, mais teño tanta fe nelas como en que me toque a lotaría do Natal (e quero deixar patente que non xogo a ela). De todos os xeitos, vamos deixar pasar un tempo a adaptarse á consola, que se ha de pór á venda en 2012.

Renacer

Por: Sábado, 23 de Xullo de 2011, 14:18 COMENTAR

Hai uns meses Activision anunciara que a saga Guitar Hero estaba morta e que abandonarían o proxecto para sempre. A que era debido isto? Os xogadores tiñámolo moi claro. A exaxerada sobreexplotación da saga con xogos clónicos totalmente prescendíbeis fixeron que os usuarios fosen perdendo o interese por estes xogos musicais, e con isto un fracaso nas vendas.

Mais a Activision mudou de idea e ten planos para o futuro desta saga que causou tantas alegrías e algunha desilusión. Deste xeito pretenden reinventar a saga de novo, e digo reinventar porque prometen comezar un novo capítulo desde cero, sen imitacións clónicas, de aí a mudanza radical.

Unha nova equipa de desenvolvemento será a encargada de realizar esta remodelación completa, en palabras de compañía:

Vamos voltar aos estudios e vamos usar novos equipamentos de desenvolvemento, novos estudios, e reinventar ‘Guitar Hero’. A compañía estaba tan emocionada seguindo o camiño que marcaba o ‘DJ Hero’ que quizá abandonamos ese punto de innovación que unha franquía como o ‘Guitar Hero’ require.”

Persoalmente agradoume a nova, máis que nada porque son moi seguidor do ‘Guitar Hero’. Mais por outro lado teño medo que esta mudanza radical traia consigo novas formas “ruíns” de xogar. Tan complexo sería realizar un título como o ‘Guitar Hero 3’?

Visto en: VidaExtra