CrashBandicootWallpaper800

Naughty Dog, esa compañía que converte en ouro todo o que toca e que destaca por saber fidelizar a gran parte dos xogadores habituais con sagas diferentes en cada xeración, (Crash Bandicoot en PSX; Jak & Daxter en PS2 e Uncharted en PS3) falou precisamente da súa primeira criatura, do Crash Bandicoot e as palabras foron esperanzadoras para os fans.

Lonxe de esquecerse desta mascota, a igual que fixeron cos grandísimos Jak e Daxter (por favor, volvede algún día) opinan que Crash necesita un reinicio completo da saga.

Aínda que actualmente Naughty Dog está completamente desvinculada á saga, un dos seus fundadores fai as seguintes declaracións:

Crash Bandicoot necesita un reincio completo. É posíbel restaurar a historia e regresar ao conflito orixinal contra Cortex. Así que poderiamos retomar a opción clásica dos inimigos vistos nos dous primeiros títulos de Crash Bandicoot.

Por outro lado tamén debemos apostar por ofrecer un toque máis moderno, ao estilo Looney Tunes e animacións similares.