Hai sagas tolas e sagas serias, e se temos que mencionar algunhas sagas tolas, sen dúbida ente elas aparecería o nome de Serious Sam, e non me neguedes isto.
Pois a terceira entrega está a puntiño, a puntiño de volver a enganchar aos seus seguidores, mais os seus creadores botaron unha ollada a este mes, e coa inminente saída de Battlefield 3 e MW3, pensaron… “vai ser mellor que esperemos un chisco para sacar o noso xogo”.
Concretamente as palabras foron as seguintes:
Decidimos que o xogo necesita un mes extra de desenvolvemento. Daremos máis detalles, pero de momento pensamos que un mes máis de retoques e pulido é o que Serious Sam 3 merece, se realmente amamos e queremos que sexa un gran xogo.
Polo tanto, teremos que esperar ao 22 de novembro para probar esta terceira tolería de Sam. A ver se é tan bo xogo como dín…