Que quere dicir o título que deste post? Que a próxima portábel de Sony non terá protección rexional, o que significa que calquera pode importar videoxogos exclusivos do mercado xaponés e desfrutalos na súa consola.
Á primeira vista parece que non é unha nova moi relevante. Mais se reparamos na cantidade de xogos que non saen do mercado nipón, o conto évos ben outro. E sen contar que se poden adquirir xogos moito máis baratos importándoos doutros países.
Persoalmente penso que esta decisión foi un acerto por parte da Sony.
E xa sabedes que a PS Vita sairá no primeiro trimestre do 2012, mentres que no Xapón han de tela no 17 de decembro.