Refraneiro Galego de Videoxogos

Por: Venres, 7 de Outubro de 2011, 0:12 6 COMENTARIOS

Vaia trangalladas que escriben aquí

1- Mario nos videoxogos, diversión nos miolos

2- Cando unha consola vai nacer, con ela un Ridge Racer vas ver

3- Só unha consola vas defender, moito entretemento vas perder

4- Cada portábel que sae á venta, menos portábel e máis se asenta

5- Xogos de filmes, merdas sublimes

6- Se te queres viciar, xoga ao Mario Kart

7- Se de Internet vas descargar, de seguro que te vas arruinar

8- Merda, hai que ir comer, pois dálle a pausa, comer e volver

9- O cooperativo nas campañas, menos tolería e máis mañas

10- Non teredes horas de diversión, se non estades sentados nun sillón

11- Se non queres ser un neno malo, botalle unha partidiña ao Halo (Carlos)

12- De tal ruído que fixen co Guitar Hero, o meu veciño quíxose dar un tiro (Carlos)

13- Se Miyamoto non dirixe un Zelda, o máis seguro é que sexa unha merda (Galaicus)

14- Se toda a vida non queres perder, menciñas, cogumelos e corazóns non has deixar de coller (Agrellagalega)

PD: Tentemos aumentar o Refraneiro Galego de Videoxogos entre todos. Todos os refráns que se vos vaian ocorrendo escribídeos nos comentarios e irei actualizando esta entrada.

Vamos ver se entre todos conseguimos o noso propio Refraneiro Pixelado.

Contamos coa vosa colaboración!