rainbow-six-patriots
O directivo de Ubisoft, Laurent Detoc, admitíu que o anunciado shooter Rainbow Six: Patriots non funcionaba e terá que ser feito de novo.

“Nós tiñamos o equipo. Eles tiñan unha boa idea. Comezaron a traballar e entón o xogo non estaba a funcionar. Así que tiveron que comezar de novo.”

“Hai un grupo editorial en Ubisoft, un gran grupo, con moitas influencias. Se o xogo non é suficientemente bo, din que non é suficientemente bo. A maior parte do tempo, o equipo dirá: «Si, sabémolo.» Pero outras veces, queren que sigas nunha dirección na que dis: «Non, non vai funcionar.»

“É un deses exemplos no que o intentas e, se non funciona, volves a intentalo. Se segue sen funcionar, non volo imos entregar así.”

Este videoxogo do estudo Ubisoft Montreal foi anunciado en 2011 e despois demorado a 2013, antes de demoralo para o lanzamento nas consolas de nova xeración. Este shooter táctico terá unha historia que capturará a realidade do terrorismo moderno.

Polo de agora, nada se sabe dunha posible data de lanzamento.

Falece Tom Clancy aos 66 anos

Por: Xoves, 3 de Outubro de 2013, 10:00 1 COMENTARIO

tom-clancy
O prolífico novelista de temática militar e espionaxe Tom Clancy faleceu a noite do pasado martes en Baltimore.

Ademáis das coñecidas adaptacións cinematográficas das súas novelas, como “The Hunt for Red October” ou “Patriot Games”, tamén foi coñecido no mundo dos videoxogos dende que en 1996 fundou Red Storm Entertainment, que lanzou o Rainbow Six.

Dado o éxito da saga Rainbow Six, Ubisoft adquiríu o estudo e expandíu a marca Tom Clancy creando as novas franquías Ghost Recon e Splinter Cell e máis recentemente con títulos como o H.A.W.X. e EndWar.

En decembro chegará ás salas cinematográficas Shadow One, dirixida polo coñecido Kenneth Branagh, mentres que no tocante aos videoxogos, Ubisoft lanzará o agardado The Division en 2014.