“Doom” está presente no “RAGE”

Por: Xoves, 6 de Outubro de 2011, 14:09 COMENTAR

Id Software é consciente do que foi en relación aos FPS, e como tal quere facer unha pequena homenaxe á súa saga máis famosa, Doom.

Como facelo? Deron cun xeito que vai gustar a todos os fans, porque o RAGE é máis do que parece. E dentro deste enorme xogo ten sorpresa.

Vede o vídeo e habedes de saber ao que me refiro…

O “RAGE” empregará 3 discos

Por: Luns, 26 de Setembro de 2011, 14:45 COMENTAR

Vai, contade polos dedos, canto falta para o 7 de outubro? Moito non, a verdade. Ide preparando as consolas e PC, dependendo da vosa preferencia, porque será o día que saia o RAGE.

Despois de ver moitísimos vídeos deste novo shooter da ID Software (demasiados vídeos), hoxe sacaron un nova que xa moitos temiamos. Na consola da Microsoft vai ocupar un total de tres discos.

Tendo en conta a potencia que aparenta non me sorprende isto, mais non pensedes que afecta só á Xbox 360, xa que na Playstation 3 terá 8 xigas de instalación, case nada…

Demasiados discos? Demasiada instalación? Xa ides vendo, mais moito me temo que estamos ante outro clásico deste ano.

YEAH

Se vives debaixo dunha peneda de dúas toneladas quizáis non sabes que é RAGE, pero sentíndoo moito non me vou parar moito a explicarcho.

Só direi que é un “xoguiño”…nada, pouca cousa, que será a volta de Id Software ao mundo dos videoxogos de forma directa, e como todos os videoxogos necesitan uns requisitos mínimos que pasarei a mencionar.

Requisitos mínimos para PS3: Unha PS3, unha TV, o videoxogo de RAGE, un café pra aguantar tantas horas cos ollos abertos.

Requisitos mínimos para Xbox 360: Unha XBOX 360, unha TV, o videoxogo de RAGE, un ventilador potente e bebidas enerxéticas polo mesmo motivo que arriba.

Requisitos para PC:

Requisitos Mínimos:
· Sistema Operativo: Windows XP Service Pack 3, Windows Vista, Windows 7
· MicroProcesador: Intel Core 2 Duo ou similar AMD
· Memoria Ram: 2GB
· Espazo Libre en Disco Duro: 25GB
· Tarxeta Gráfica: GeForce 8800, Radeon HD 4200

Requisitos Recomendados:
· Sistema Operativo: Windows XP Service Pack 3, Windows Vista, Windows 7
· MicroProcesador: Intel Core 2 Quad ou similar AMD
· Memoria RAM: 4GB
· Espazo Libre en Disco Duro: 25GB
· Tarxeta Gráfica: GeForce 9800 GTX, ATI Radeon HD 5550

Novo gameplay do RAGE

Por: Venres, 26 de Agosto de 2011, 14:39 COMENTAR

Continúan a chegar pinceladas do que será o novo título da ID Software, RAGE. Desta volta un gameplay de case cinco minutos en que avanzamos eliminando criaturas até concluír a misión.

Eu aínda fico pasmado co ben que se ve, alén do desenvolvemento do videoxogo, con troca de armas, robots que nos axudan, moito movemento…

Supoño que tamén terei que mencionar que este vídeo contén algo de SPOILER, mais creo que o xogo será grande suficiente como para deixar este vídeo (e a misión) a un segundo plano, e que non interrompa nin un segundo na correcta evolución do xogo.

Amantes dos FPS, xa falta menos.

ID Software está que non para e non se conforma con estar a crear un dos FPS máis esperados do momento,senón que lle sobra tempo para realizar unha versión para os “cacharriños” da Apple.

O certo é que aínda non lle puiden botar a man a esta versión (aceptamos análises e opinións dos lectores), mais polo que puiden observar é un xogo sobre carrís en que vemos un apartado técnico impecábel.

Pois ben, a nova chéganos desde a súa páxina de Facebook xa que acaba de chegar aos 100.000 “gústame” (aproximadamente como os de Memoria Pixelada), e ID SOftware para celebralo agasallará o videoxogo RAGE para iOS durante unha semana.

Daquela xa sabedes, se tendes un iPhone, iPad ou iPod Touch conectádevos no iTunes e descargade RAGE gratuitamente. E non vos descoidedes, que esta promoción dura só até o vindeiro xoves e despois non vale dicir que non iDiñeiro.

E que máis vos podo dicir alén do título? Non moito, abofé. Sabemos que vai ser un xogo que ha de bater forte, que xa hai tempo que nos ten a todos “hypeados”, que nos vai somerxer nunha aventura épica, que nos vai facer sentir o cheiro á gasolina, que nos vai enfrontar a terríbeis criaturas… e o máis importante, que nos vai manter enganchados ao comando da consola durante horas.

E aínda queredes que vos diga máis? De verdade, vede este novo tráiler e decídeme se non lle tendes gana.

A propósito, o detalle do globo asasino encantoume.

Cada vez que nos chega un destes diarios que nos van explicando como se desenvolverá o videoxogo de RAGE (aínda que de forma pouco crítica por suposto) colócome diante da pantalla do ordenador e desfruto do que estou a piques de ver. Porque de seguro que me vai gustar.

Desta volta fannos un repaso polos inimigos que teremos que eliminar ao longo da aventura e do seu comportamento.

Polo menos co que podemos ver son suficientemente intelixentes para saber que se estamos a disparar teñan que se pór a cuberto. De feito nalgunha das imaxes que se mostran no vídeo vemos como incluso perden eles de atacar para parapetarse nalgún lugar.

A ver se van máis alén e lle engaden puntaría, intelixencia para atacar ao mesmo tempo…

Flipando co arsenal do ‘RAGE’

Por: Xoves, 14 de Xullo de 2011, 21:07 COMENTAR

Que o RAGE vai ser todo un espectáculo xa está ben claro desde hai tempo. Os seus creadores Bathesda e Id Software continúan a mostrarnos partes do xogo mediante fascículos, como se dunha novela se tratase. Hoxe preséntannos armamento.

Unha vez visualizado o vídeo damos por feito que a variedade coa que eliminaremos os nosos inimigos vai ser máis ben elevada, cun elenco de armas amplo e variado. Boomerangs cortantes, torretas, recortadas, coches teledirixidos bomba, francotiradores, ametralladoras, granadas, lanzadora de raios etc.

Entón recapitulemos: un apartado técnico abraiante, un mundo enorme que poderemos percorrer, enorme cantidade de armas, zonas de condución, zonas de disparos, ampla gama de inimigos…

Só resta babexar e agardar.