Seguimos sen ver nada de gameplay deste novo Resident Evil, polo tanto non sabemos como será a súa xogabilidade, mais personalmente o que vexo non me disgusta.

Dende logo o tráiler que vos amoso a continuación é un espectáculo (aínda que é longo de narices) pero ten suficientes enlaces como para enganchar o espectador, acontecerá o mesmo no resultado final?, non botemos o carro diante dos bois.

Polo de momento tócanos ver o tráiler e esperar até o 20 de marzo para xogalo en Xbox 360, PS3 ou PC, que raro que non saia para Wii…