grid2
Codemasters publicou un novo tráiler do modo multixogador do GRID 2.

Neste vídeo de dous minutos de duración amósannos imaxes do xogo nas rúas de París e Chicago, así como o circuíto de Indianápolis. Tamén nos amosan algunhas das funcións “sociais”, de personalización dos coches e algún modo de xogo, como o Checkpoint, no que teremos que chegar a certos puntos do circuíto antes que remate o tempo.

Entre esas funcións sociais, podemos atopar retos entre xogadores de todo o mundo, retos semanais, taboas de clasificación de tempos e subir vídeos a Youtube, entre outras.

O lanzamento do videoxogo está previsto para o 31 de maio para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, así como unha edición especial que incluirá dous DLC.