watch-dogs
A división de filmes de Ubisoft anunciou que está a traballar para levar á pantalla grande tres das súas maiores franquías: «Watch Dogs», «Far Cry» e «Rabbids», que se engaden a outras tres xa anunciadas: Assassin’s Creed (con Michael Fassbender como Desmond Miles), Splinter Cell (con Tom Hardy como Sam Fisher) e Ghost Recon (coa direción de Michael Bay).(Estes actores aínda non foron confirmados oficialmente, pero son os que máis soan, segundo os rumores da industria).

Segundo Jean-Julien Baronnet, CEO de Ubisoft Motion Pictures, a compañía tratará estes filmes como títulos independentes con novas historias, non como adaptacións dos videoxogos. Tamén comentou:

“Non todos os videoxogos farán un bo filme e para outros pode que sexa moi pronto para facer un filme.”

A relación da industria dos videoxogos coa do cinema non é nova, pois xa existen numerosos títulos que contan con adaptación cinematográfica, con diferentes niveis de calidade e éxito, como é o caso de «Resident Evil» , «Super Mario Bros.» ou «Tomb Raider» , por exemplo.

Noutras declaracións recentes, Yves Guillemot confirmou que están a traballar en tres novas entregas da saga Assassin’s Creed. Tamén comentou que polo de agora a compañía non se plantexa crear exclusivas para a Wii U, polo menos, mentres Nintendo non mellore as cifras de vendas da súa nova videoconsola.