Xeroglífico de videoxogos

Por: Sábado, 29 de Xaneiro de 2011, 20:38 COMENTAR

Botándolle un ollo a Pixfans atópome con este curioso xeroglífico.

Como non podía ser de outro xeito a temática é de videoxogos e nesta imaxe atópanse 36 cadradiños pertencentes a 36 videoxogos diferentes. Seredes capaces de adiviñalos todos?

Por se non o conseguides (por moito que me pese, eu non atopei os trinta e seis), aquí vos deixo o enlace coa solución.