Parece que non son boas épocas para as portábeis, e se primeiro foi Nintendo quen tivo que rebaixar de forma esaxerada a 3DS, agora Sony, tan só na segunda semana de lanzamento vese na obriga de rebaixar a súa nova portábel PS Vita.

Motivo?, pois que non venden o esperado, bens exa polo elevado prezo ou pola ausencia de videoxogos que capten a atención do xogador, e aínda que na primeira semana de lanzamento mantivo unhas ventas normais (aínda así moi por debaixo da 3DS) na súa segunda semana o fracaso foi extrepitoso, tanto que a versión Wi-fi/3G que custaba 29.980¥ (case 300€) agora pasa a custar 24.999¥ (251€), case igualando o prezo da súa versión “capada”.

Polo de momento esta rebaixa non está plantexada para o resto do mundo, pero moito me temo que só é cuestión de tempo de que suceda o mesmo.

Así foi o golpe que levou Sony

Fai unha semana Sony lanzou ao mundo un vídeo promocional da súa próxima consola portábel na que nos amosaba as características da súa máquina e imaxes dos seus xogos máis representativos.

O certo é que o vídeo tampouco é moi espectacular, aínda que nos deixa vixente que PS Vita terá unha potencia bastante bruta, pero moito me temo que vai caer no erro de 3DS, é dicir, sacando o Uncharted o resto de videoxogos tampouco chaman moito a atención, polo que como saquen á consola cuns xogos mediocres vai tardar en arrancar, verdade Nintendo?

E falando xusto disto, moito me da no fuciño que como 3DS esperte dunha vez, terá un duro competidor.