As novas das portábeis están acaparando toda a rede, e Sony, dende que presentou a súa PSP 2 non deixa de deleitarnos con vídeos demostrativos da súa consola.

Nesta volta volve deixar patente que a potencia de NGP apunta moi alto, e amósannos grandes títulos como Killzone (espectacular), Resistance, Little Big Planet ou o xa máis que esperado Uncharted.

Este vídeo tamén serve para que vexamos parte da súa xogabilidade, como o recoñecemento da posición da consola ou a súa pantalla táctil, pero moito me temo que estas dúas características quedarán a un segundo plano se o resto da xogabilidade é precisa, e non como acontece coa actual PSP.

E todo isto está moi ben, pero cando unha data concreta e un prezo?, moitos intúen que estará entre os 250€ e 300€, pero eu conto que sexa algo máis cara…espero que me equivoque.

Imaxe e vídeos de PSP 2

Por: Xoves, 27 de Xaneiro de 2011, 15:04 COMENTAR

Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.

O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.

Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.

Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:

Ler o resto da entrada »

Primeira imaxe de PSP 2

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 11:53 2 COMENTARIOS

Vouvos dar a elexir, pensades que esta imaxe que vos amoso é real ou trátase dun Fake?.

Personalmente opino que pode ser unha realidade, porque hai que ter en conta que Sony é totalmente incapaz de manter en segredo os seus aparellos, recordemos as filtracións da “funesta” PSP Go ou as fotografías da versión Slim de PS3 semanas antes da súa presentación.

Agora os de VG247 sacan á luz unha filtración da súa próxima PSP 2.

Se a imaxe é real (moi posíbel), non chama demasiado a atención o seu aspecto. Recorda moitísimo á PSP pero máis fea e máis grande. Esperemos que se vexa compensado pola tan aclamada e anunciada potencia gráfica desta portábel.

De verdade moverá gráficos tan potentes como os da PS3?, ata que os vexa cos propios ollos eu non aseguro nada.

Aquí está a hipotética PSP 2

Por: Luns, 27 de Decembro de 2010, 16:44 COMENTAR

Xa estaba tardando que saise algunha filtración con imaxes e novos datos sobre a segunda parte da PSP.
Pois a encargada de lanzarse a este mundo de rumores é a revista PSM3, que aporta todo unha serie de fotografías que ben poden ser certa.
Un deseño similar á PSP Go, doble stick e aparentemente unha potencia moi por encima do esperado.
Sobra dicir que non hai nada oficial por parte de Sony, pero se recordades, coa PS3 Slim pasou exactamente isto, unha pequena filtración deixou en bragas a toda a compañía xaponesa, que non resalta precisamente por saber gardar segredos.
En fin, queda nas vosas mans crer que todo isto vai chegar a bo porto, ou simplemente é unha mentira máis que empregan os de márketing, pero sexa dunha maneira ou de outra, as imaxes tédelas aquí.

Vida Extra

E aquí aparece o rumor da semana ou de todo o mes, porque dende a páxina oficial de IGN aparece un usuario anónimo (aparentemente fiábel) que solta a seguinte perla:

“No que respecta a gráficos, a PSP2 é unha “bestia”, acumulando hardware de procesamento suficiente para xerar gráficos comparábeis aos primeiros xogos de PlayStation 3. O procesador, polo que nos dixeron, é algo máis da metade de potente que o de PS3, aínda que a arquitectura específica dos núcleos e a velocidade de reloxo non foi revelada.”

Como vedes,parece que a estratexia que levará Sony coa segunda parte da súa portábel será idéntica á predecesora, é decir, unha potencia moi superior a calquera portábel do mercado. Tamén é certo que nesta xeración a Nintendo DS comeu sen ningunha dúbida á PSP, pero polo menos esperemos que deste xeito non se centren exclusivamente nos casual-gamers.

Sony prepara o terreo para PSP 2

Por: Luns, 20 de Setembro de 2010, 17:25 2 COMENTARIOS

PSP rota

Que Sony xa está traballando nunha segunda parte de PSP (ou como lle chamen finalmente), creo que é algo que se pode asegurar, non tanto como para decir que xa a teñen rematada como decía Shaum Himmerick, desenrolador de Mortal Kombat, pero o último personaxe en facer referenza a este tema foi Shuhei Yoshida, cabecilla de Sony Worldwide Studios, o cal mencionou que a PSP estábase volvendo vella.

Segundo as súas palabras, cando sacaron ao mercado a PSP fai cerca de seis anos, esta portábel era a última tecnoloxía, pero os tempos cambian rápido e agora estase quedando anticuada.

Así, creo que a posición de Sony ao respecto é ir deixándolle a silla quentiña para a chegada de PSP 2, polo que case estou por asegurar que de aquí a un ano escaso, teremos presentado novas consolas, polo que o E3, GamesCom e TGS do ano que vén promete algunha máis sorpresa que este ano.

E qué se pode esperar da nova PSP?, pois vendo a posición que leva Nintendo coas 3D, non me extrañaría que Sony seguise estos pasos para aproveitar o tirón.