gtav

Despois de que onte mesmo a esperada quinta entrega da saga Grand Theft Auto entrase en fase “gold”, é dicir, que o seu desenvolvemento rematou por completo e agora só queda fabricar o soporte físico e distribuílos, Rockstar leva o primeiro desgusto, unha filtración na PSN Europea.

Algúns usuarios que tiñan feita a reserva dixital do título tiveron acceso a certos contidos do videoxogo o que non tardaron en desvelalos en determinados sitios da rede.

Sony apresurouse a retirar este arquivo de reserva mais a filtración xa se producíu e a posibilidade de que nos desvelen “spoilers” pola rede segue aí.

Un gran fallo que despois de tantos anos de desenvolvemento Rockstar non se debería permitir. Polo de momento quedémonos coa parte positiva, o 17 de setembro xa está moi preto.

Beleza no teaser de «Sine Mora»

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011, 14:03 COMENTAR

Parece que ultimamente Suda 51 está en todo. A colaboración entre a Digital Reality e a Grasshopper bríndanos o Sine Mora, un shooter clásico en Scroll Horizontal descargábel para XBLA e PSN.

Parece ser que poderemos modificar o tempo neste título, á parte de ser un shooter clásico de naves, que a verdade, non é que se vexan moitos ultimamente.

E para lle pór a guinda final, podemos observar un aspecto gráfico preciosista e de luxo que nos mete moita gana de velo e de xogalo.

Estaremos ante un novo clásico descargábel? Moi posibelmente.

‘Limbo’ chegará á PSN e Steam

Por: Luns, 11 de Xullo de 2011, 10:45 1 COMENTARIO

Pois máis claro auga de río sen contaminar, porque a obra desenvolvida por Playdead, Limbo, deixará de ser exclusiva da Xbox Live para aterrar na plataforma online da Sony e no Steam.

Na Europa chegará á PSN o 20 de xullo mentres que os usuarios de PC terán que agardar até o 2 de agosto momento en que poderán desfrutar de esta aventura en branco e negro.

Se son honesto aínda non probei este título, pero observando as excelentes críticas que recibiu ao redor do mundo creo que pode ser un xogo digno de catar. Aínda que se estivese pensando en mercalo tampouco podería, xa que non se sabe oficialmente o prezo co que sairá, pero presúmese que sexa igual ao de Xbox Live, é dicir, uns 15 euros.

Tamén sabemos que o 11 de xullo a mesma Playdead sacará a banda sonora do título a uns cinco euros (aínda lembro cando había compañías que a puñan gratis para descargar).

Nin o mellor guión dun filme pode chegar aos límites os que estamos chegando coa novela do “atentado” contra a plataforma online de Sony.

O último capítulo desta novela ven grazas ao novo movemento de Sony, os cales como no lonxano oeste non dubidan en ofrecer unha recompensa a todos aqueles que lle axuden a “capturar” aos hackers que tumbaron Playstation Network facéndolle perder millóns de dólares á compañía xaponesa.

Aparentemente a recompensa sería ofrecida en cooperación cos axentes a escala internacional e o propio FBI. Como vedes o tema xa chegou a extremos bastante elevados, se é que cos cartos non se xoga.

Esperaremos o próximo capítulo desta novela, que de seguro que haberá unha continuación.

Por certo, déixovos este vídeo metafórico no cal Sony está representado polos úrsidos.

A estas alturas non descubro nada se menciono o problema que está a sufrir a plataforma on line de Playstation. Ben sabedes que PSN sufríu un ataque no que chegaron incluso a roubar datos persoais de usuarios mantendo en tensión a toda a xente de Sony.

Estes nun inicio acusaron a Anonymous (grupo de hackers dos que non se sabe absolutamente nada deles (recoméndovos que vexades este vídeo no que falan sobre esta lei que pretenden sacar en contra das descargas) deste ataque,aínda que Anonymous pronto desmintíu isto.

Pero os de Sony son bastantes cismóns, e volveron mencionar que esta organización podería estar detrás do ataque á súa plataforma online,co cal volveron recibir resposta de Anonymous:

Se hai unha investigación lexítima e honesta respecto ao asunto de roubo de números de tarxeta de crédito, demostrarase que Anonymous non ten nada que ver con esto.

Somos un grupo que non tolera o roubo de números deste tipo, noso liderazgo non o consinte. Nós estamos preocupados por outros temas, como o abuso de poder e as xustificacións dos executivos e líderes que cren que son inmunes tanto personalmente como económicamente por ter altos cargos en fortes empresas, ou postos públicos.

Con isto a discusión está aquí, será Anonymous?, non será?,vós que opinades ante toda esta situación?

Chrono Trigger ponse a tiro da PSN

Por: Martes, 26 de Abril de 2011, 17:36 1 COMENTARIO

 

Pois si, parece que este clásico de Super Nes con varios remakes xa feitos, vai aparecer nesta ocasión para a plataforma virtual de PlayStation (que tantos problemas anda a dar nestes últimos días).

Pouco se pode dicir de este clásico que non se dixera xa, Sakaguchi na dirección do xogo, Uematsu na parte sonora, e Toriyama no deseño de personaxes. Todo un plantel de luxo que de feito denominouse “Dream Team”.

Ler o resto da entrada »