The Last of Us descarta a súa aparición na PS4

Por: Venres, 18 de Outubro de 2013, 15:44 COMENTAR

TheLastofUsPoster

Rumores existen de todos os tipos, e días atrás comentábase a posibilidade de que o xenial xogo de Naughty Dog, The Last of Us puidese saltar de xeración e aterrar na Playstation 4.

O desenvolvedora xa comentara varias veces que este rumor era falso e volveuse a reiterar:

Aqueles que queiran vivir a marabillosa historia de Joel e Ellie terán que facelo na Playstation 3.

Como podedes comprobar a xenialidade que naceu na PS3 quédase na PS3, é máis, Naugthy Dog segue traballando nel, nun DLC titulado Territorios Abandonados, ofrecendo 4 novos escenarios a un prezo de 9.99€.

Se aínda non lestes a análise de The Last of Us, non perdades máis tempo e seguide este enlace.

dice-logo1

O productor executivo de DICE, Patrick Bach, estivo a falar sobre os xogos multiplataforma, e catalogou de covardes, pretender que en todas as versións se teñan que ver igual:

Tivemos un problema antes de que se acercase a Next-Gen, porque podiamos facer que un xogo lucise incríbel en PC (canto mellor era o PC, mellor loce o xogo), e entón ter un xogo que se mostrase estupendo en PS3 e Xbox 360, pero que non presentara un aspecto tan bo como no PC. E a xente non deixaba de protestar por iso.

A xente segue tocando o tema. Seguimos tendo vídeos comparativos nos que a xente nos xulgaba baseándose niso en lugar de compararnos con outros xogos das mesmas plataformas.

Podes tomar o camiño de covardes e fixar o teu límite en Xbox 360 e PS3, e facer que todas as versións se vexan igual que esas dúas, mais non é así como somos. Queremos lograr o mellor que poidamos co noso hardware.

Palabras para reflexionar. Debemos limitarnos para que todos teñan as mesmas posibilidades, ou pola contra o PC pode poñer en manifesto todo o seu potencial e deixar a un lado ás consolas no relacionado aos gráficos?

rcintonexus

Sabiamos que a nova entrega de Ratchet & Clanck chegaría á Playstation 3, mais o rumor que nos toca é o da posibilidade de que aterre tamén na PS Vita e en plataformas móbiles.

A nova non está confirmada, mais o feito de aparecer no ESRB (organismo de calificación por idades) ofrécelle moita forza e aumenta a porcentaxe de ralidade.

O ESRB anuncia que aparecerá na PS Vita, así como en dispositivos móbiles de tipo smartphone, pero sen concretar a que sistema ou sistemas.

O único que direi é que Sony parece que está cumprindo iso de querer impulsar a Vita con novos títulos. E polo de momento, gústame.

PS3 Super Slim
Sony ven de lanzar a nova versión 4.50 do firmware para a PlayStation 3.

Entre as principais novidades, esta actualización inclúe as actualizacións e descargas automáticas, característica ata agora reservada para os subscritores de PlayStation Plus.

Outra das novidades é a posibilidade de transferir datos, como xogos, filmes, etc., entre a PlayStation 3 e a PS Vita mediante unha conexión Wifi, sen a necesidade dun cable USB.

Tamén engade novas opcións de privacidade para os Trofeos, permitindo escoller que xogadores poden ver os trofeos que conseguiches.

ps4 dual
Como case todas as consolas no momento do seu lanzamento, cada nova videoconsola PlayStation 4 suporá unha pequena perda de diñeiro para a compañía Sony.

Segundo comentou o seu directivo, Masayasu Ito, bastaralles con vender unha subscrición PS Plus e un videoxogo de lanzamento para volver a ter beneficios, así que parece que as perdas serán mínimas.

Como xa comentara Andrew House en agosto: “A PlayStation 4 non xerará as perdas da súa predecesora, a PlayStation 3”.

No momento do seu lanzamento, cada unidade da PlayStation 3 creaba unha perda de entre 240 e 300 dólares, dependendo do modelo. Segundo as cifras oficiais, ese lanzamento supuxo para Sony unhas perdas duns 3.500 millóns de dólares nos anos 2007 e 2008.

Coa lección ben aprendida, desta vez a compañía nipona non quixo repetir os erros do pasado e axustou mellor os custos de produción de cada unidade da súa nova PlayStation 4.

Sony publicou recentemente un vídeo de pouco máis de 1 minuto de duración no que comparan o tamaño da súa actual videoconsola PlayStation 3 coa vindeira PlayStation 4. A través de varios planos comparativos, podemos apreciar o reducido tamaño que terá a nova videoconsola se a comparamos coa súa predecesora.

GTA-5-setembro

Sen dúbida un dos xogos que máis está dando que falar estes días é o Grand Theft Auto 5, e como non podía ser doutro xeito, día a día van deixando caer pingas de información co afán de emocionar aos usuarios.

Hoxe foi Leslie Benzies, presidente de Rockstar North, quen aclarou que o ritmo do GTA 5 será moito máis intenso que os anteriores:

Penso que a estratexia dos anteriores GTA eran no momento correcto para as historias que queriamos contar, mais non para este momento. A día de hoxe queremos sorprender á xente con misións moi intensas dende o comezo. O ritmo do xogo é moito máis rápido que en calquera dos anteriores.

Xa dende o comezo queremos amosar todas as nosas mecánicas de xogo creando intensa acción. Os tres protagonistas do xogo xa levan tempo vivindo na cidade, non son xente nova como Niko ou Tommy Vercetti. Estes xa teñen os seus contactos, están integrados e teñen vidas ocupadas…

Estas características deberían darlle á xente un sentido inmediato de inmersión total.

Polo que parece vamos estar diante dun dos grandes desta xeración, conha dinámica máis áxil, acción dende o primeiro momento e como sempre, un enorme mundo por descubrir.

Por se aínda non vistes o gameplay de GTA 5, déixovolo para que o desfrutedes.

Había dúbidas se esta recopilación de títulos da saga Metal Gear Solid chegaría á Europa, mais Konami acaba de confirmar que si, que MGS: The Legacy Collection chegará a todas as tendas europeas.

Para aqueles que non saibades o contido deste pack aquí vos vai:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition -que inclúe os títulos orixinais de MSX Metal Gear e Metal Gear 2-, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: Special Missions e Metal Gear Solid 4: Trophy Edition.

A parte disto, tamén se engaden dúas novelas gráficas ilustradas polo artista Ashley Wood que nunca viron a luz no territorio europeo.

O día concreto aínda se descoñece, mais si que sabemos que será o próximo mes de setembro cando MGS: The Legacy Collection aterrará en PS3.

TheLastofUsPoster

Hai xogos que non podo desfrutar axeitadamente con prexuízos, que son incapaces de vencelos e confirman cada un deles. Mais hai outros, (xogos moi especiais), que teñen o potencial para sobrepoñerse ao escepticismo, de sacudilo até que se renda.

Ese é o caso de The Last of Us.
Ler o resto da entrada »

09

 Os estudos Spider acaban de poñer na rede a web oficial do xogo no que traballan. Trátase dun RPG de estética Cyberpunk ambientado en Marte do que facilitan novas imaxes e vídeos. A web permítenos tamén obter información sobre as clases e a mecánica de combate do título. Segundo relatan na nova información disponíbel, os seus creadores prometen un amplo marxe de personalización e especialización nas persoaxes e grande variedade de misións.

 En canto ao narrativo, o xogo sitúanos nun Marte futuro colonizado polo home no que o ben mais prezado é a auga, pola que loitan diferentes corporacións. Os xogadores encarnaremos a Roy Temperance, un aventureiro collido no medio do caos que reina no planeta.

 Aínda que non se facilita unha data concreta, o xogo saíra ao longo deste ano para PC, PS3 e XBOX360, pero so a través de distribución dixital.

Beyond:Two Souls sairá en Outubro

Por: Venres, 1 de Marzo de 2013, 19:14 COMENTAR

beyond-two-souls

A nova e agardada xoia de David Cage, responsábel dos brillantes “Farenheit” e “Heavy Rain” (e manifesto defensor da evolución dos xogos á madurez mediante unha maior complexidade e profundidade narrativa), chegará ás nosas mans no próximo mes de Outubro.  A data exacta nos EEUU será o día 8, no caso do mercado europeo só hai confirmación de que será no mesmo mes, mais sen fixar un día concreto.

Ao tempo que anunciaba este dato, Sony (lembremos que será unha nova exclusiva de PS3), deixou saber que un dos actores que acompañarán a Ellen Page na interpretación vía motion-capture será nada menos que o mítico Willem Dafoe, a quen nos permiten ver en acción no universo do xogo mediante un trailer que xa fixeron público. Confírmase tamén que neste caso a xogabilidade será mais convencional que en Heavy Rain, e polo tanto xa non estará baseada en QTE, senón que buscará un control mais intuitivo polo xogador.

 Haberá que agardar, pois, ao outono, para vivir a que sen dúbida será outra complexa, adulta, e inmersiva historia asinada por Quantic Dream.

Os DLC de Skyrim chegan por fin a PS3

Por: Xoves, 28 de Febreiro de 2013, 13:14 COMENTAR

Elder Scrolls 5, Skyrim

 Despois dun calvario de retrasos non sempre debidamente xustificados, os tres DLC do exitoso RPG de Bethesda dos que usuarios de PC e Xbox 360 levan meses disfrutando chegan por fin a PlayStation Store. Os contidos recibidos son “Dawnguard”, “Hearthfire”, e o mais recente “Dragonborn”. Para compensar aos usuarios da máquina de Sony polo retraso, (moi considerábel no caso dos dous primeiros) saen á venda cun desconto do 50% na primeira semana.

 Lembremos que “Dawnguard” pónnos sobre a pista duns misteriosos ataques de vampiros, engadindo un número considerábel de horas de xogo. “hearthfire” permítenos construírnos a nosa propia casa en Skyrim dende os cimentos, mentres que “Dragonborn”, pola súa banda, permítenos volver a Morrowind explorando libremente a illa de Solstheim.