Sen ser nada oficial os primeiros datos dicíanos que a nova portábel da Sony podería ver a luz no primeiro trimestre de 2012, mais iso era até o de agora xa que un novo rumor afirma (un rumor pódese afirmar?) que a PS Vita chegará ás tendas o 28 de outubro, bastante antes do esperado.
E quen filtrou esta nova? Pois a empresa do Reino Unido Blockbuster sacou á luz unha listaxe dos futuros lanzamentos deste ano entre os cales se atopan dúas versións da PS Vita.
Supoño que sobra aclaralo, mais estamos ante un rumor, xa que Sony non fixo ningún comunicado ao respecto. Nas vosas mans está acreditar ou non.
Que opinades?