Parece que Sony está decidida a facer despegar de vez as vendas da súa portábel, e se semanas atrás dicían que estaban a traballar en numerosos títulos para a PS Vita (a compatibilidade coa PS4 tamén axuda) agora sacan esta nova para todos aqueles indecisos en adquirir unha destas consolas.
Deste xeito Sony anunciou que sacarán o que denominaron PS Vita Mega Pack, que inclúe dez xogos da portábel e un cartón de memoria de 8 xigas por 40 €.
Os títulos que aparecerán neste pack son:
- LittleBigPlanet PS Vita
- WipeOut 2048
- MotorStorm RC
- Little Deviants
- Frobisher Says! (inclúe DLC Fun Pack)
- Ecolibrium (cos packs Bronze, Silver, Gold e Platinum)
- Ratchet and Clank: Size Matters
- Lemmings
- Hungry Giraffe
- The HD Adventures of Rotating Octopus Character
Algúns dirán que os xogos non son de demasiada calidade, outros que o cartón de memoria tampouco é tan grande se vas descargar habitualmente da PSN, mais persoalmente este movemento de Sony paréceme un acerto.
Tendo en conta que un cartón hai que mercalo, e non son precismente baratos, non está mal esta promoción.