Sony presenta Headman

Por: Xoves, 6 de Xaneiro de 2011, 19:08 COMENTAR

Está claro que as 3D son case un presente (aínda queda moito para insertalo na sociedade), pero as compañías xa están rebanando os miolos para sacar o seu maior proxecto e adiantarse ao resto de competidores.

Supoño que esta sería a estratexia que decidíu levar a cabo Sony con Headman, un casco con gafas que permite o visionado das 3D con só colocalo na cabeza.

O aparello en cuestión aínda é un prototipo,pero sábese que ten dúas pantallas integradas (unha para cada ollo) e uns auriculares.

Como é habitual, aínda non se sabe absolutamente nada, nin data de saída, nin nome final, nin moito menos prezo, pero si que se adiantaron a dicir, que estará adaptado para videoxogos.

Déixovos estas imaxes para que vos fagades unha idea de como é este gadget.