dragonagesims

Origin tráenos dous DLC de balde:

• O primeiro deles é a expansión multixogador Destrución (ver ficha do DLC na Origin) para o Dragon Age Inquisition (ver ficha do xogo na Origin). Só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

• O segundo deles é o pack Felices Festas (ver ficha do DLC na Origin) para Os Sims 4 (ver ficha do xogo na Origin). De novo, só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

O método para conseguir estes dous DLC é engadilos ao carriño e finalizar a compra, non se requiren datos do banco nin nada. Unha vez feito, xa nos quedan reclamados, pero non poderemos descargalos até termos instalado o xogo requirido (quedan gardados na nosa conta para cando nos fagamos con el, non vos preocupedes).

930.0x524.0

Origin, o cliente de xogos para PC de EA, ofrécenos o Simcity 2000 Special Edition gratis (ficha na web de Origin) dentro da promoción On the house (Convida a casa). O xogo está en inglés e é compatíbel con Windows 7  mediante emulación de DosBox e DOS/4GW (o cliente Origin xa fai o traballo, non te preocupes con isto). Como contra, non trae o Urban Renewal Kit (o editor de edificios) nin as cidades que viñan no CD orixinal (mais se tes o CD podes incluílas no cartafol CITIES e despois de facer a sincronización en liña poderás usalas).

Para obtelo só tes que ter unha conta en Origin e ir a esta ligazón.

Consigue de balde unha chave de Steam para o Chaos Domain, unha especie de Smash Bros. con robots que parecen sacados do Probotector. Só tes que ir a https://www.indiegala.com/store, inserir o teu correo-e (podes desmarcar o cadro para non subscribirte) e chegarache un correo coa chave. Feito iso, é só reclamar a chave no Steam e xogar de balde!